Amosando publicacións coa etiqueta dorna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dorna. Amosar todas as publicacións

17 de xuño de 2025

A Deputación da Coruña colabora co Lajareu neste ano 2025.

 Subvención da Deputación da Coruña para o ano 2025.

 

A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención cun importe de 3.744,00 €.

Esta subvención está dirixida á actividade deportiva de promoción da navegación tradicional en dorna mediante a organización e participación en travesías, concentracións  e regatas de dornas durante o ano 2025.

19 de xul. de 2024

A Deputación da Coruña colabora co Lajareu neste ano 2024.

Subvención da Deputación da Coruña para o ano 2024.

 

A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención cun importe de 3.000,00 €.

Esta subvención está dirixida á actividade deportiva de promoción da navegación tradicional en dorna mediante a organización e participación en travesías, concentracións  e regatas de dornas durante o ano 2024.

10 de xul. de 2024

REGATA DO CARME 2024. ANUNCIO DE REGATA DE DORNAS

Regata de dornas en Ribeira

Este sábado 13 de xullo, ás 16:30, disputase a regata do Carme 2024 de dornas a vela do Lajareu. Vai de seguido a folla de inscrición e o anuncio oficial da regata.


INSCRICIÓN REGATA DO CARME 2024





Animamos a todas as tripulacións e clubes de dornas a se achegar por Ribeira para participar nesta regata e pasar unha boa jornada de mar e de vela tradicional.

8 de xuño de 2024

REGATA DE PRIMAVERA DE DORNAS A VELA 2024

BOA PARTICIPACIÓN NESTA EDICIÓN DE 2024 

O sábado 8 de xuño rematou esta edición da Regata de Primavera de dornas a vela que organiza o Lajareu e que se disputou nas augas da ría de Arousa con saídas e chegadas na abra de Ribeira.



Inicialmente estaban previstas cinco probas das que se anulou unha por mor das condicións meteorolóxicas, nas catro que se realizaron participaron dornas da Illa de Arousa, Cambados e Ribeira cun total de 19 dornas no cómputo total.


FOTOS DA REGATA


A clasificación final foi a seguinte:





22 de set. de 2022

A Deputación da Coruña colabora co Lajareu neste ano 2022

 Subvención da Deputación da Coruña para o ano 2022.





A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención cun importe de 3.012,00 €.

Esta subvención está dirixida á actividade deportiva de promoción da navegación tradicional en dorna mediante a organización e participación en travesías, concentracións  e regatas de dornas durante o ano 2022.


19 de nov. de 2019

A Deputación da Coruña colabora co Lajareu neste ano 2019

Subvención da Deputación da Coruña para o ano 2019.

A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención cun importe de 1.942,38 €.
Esta subvención está dirixida á actividade deportiva de promoción da navegación tradicional en dorna mediante a organización e participación en travesías, concentracións  e regatas de dornas durante o ano 2019.

15 de dec. de 2018

A Deputación da Coruña concede unha subvención ao Lajareu

Subvención da Deputación da Coruña para o ano 2018.

A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención o 14 de decembro de 2018 cun importe de 3.210,67 €.
Esta subvención está dirixida á actividade deportiva de promoción da navegación tradicional en dorna mediante a organización e participación en travesías e regatas de dornas durante o ano 2018. 

19 de feb. de 2017

REGATA DE INVERNO 2017 DE DORNAS A VELA


INICIO DA TEMPORADA DE REGATAS EN RIBEIRA


Na última fin de semana de xaneiro o Lajareu celebrou a asemblea xeral ordinaria anual e programamos as actividades para este ano.
Empezamos como é habitual coa Regata de Inverno con catro probas durante os meses de febreiro, marzo e abril, concretamente as datas son o 25 de febreiro, 11 e 25 de marzo e o 8 de abril. 
Logo da Semana Santa faremos a Regata de Primavera os días 29 de abril, 13 e 27 de maio e o 10 de xuño. Nese mesmo mes xa teremos outras regatas na ría e tamén o Encontro. 
O 22 de xullo, nas festas de Ribeira, a Regata do Carme e a primeira fin de semana de setembro, o día 2 unha travesía e xuntanza similar a que fixemos este ano.

Aquí vos deixo o Anuncio de regata que facemos habitualmente. Un saúdo e bo vento.





17 de feb. de 2015

REGATA DE INVERNO 2015 DE DORNAS A VELA

En Ribeira comeza a temporada de regatas.

No Lajareu programamos a habitual Regata de Inverno con catro probas durante os meses de febreiro, marzo e abril, concretamente as datas son o 21 de febreiro, 7 e 21 de marzo e o 11 de abril.
Durante estes meses tamén coincide que se farán as eleccións á xunta directiva, por se tiñamos poucas este ano, pero xa vos iremos dando novas deste tema.
Aquí vos deixo o Anuncio de regata que facemos habitualmente. Bo vento.


.

23 de xuño de 2014

A REGATA DE PRIMAVERA 2014 CUMPRIU AS ESPECTATIVAS DE PARTICIPACIÓN E COMPETICIÓN

A ÁNCORA GAÑOU ESTA EDICIÓN 2014 DA REGATA DE PRIMAVERA

Cada vez son mais as dornas que participan nesta regata que se fai anualmente cunha combatividade cada vez maior e sempre aparece xente nova que se interesa pola navegación tradicional. Logo do aprazamento da última proba que estaba prevista para o día 7 e se disputou o día 21, aquí vos deixamos as fotos e a clasificación da regata de primavera deste ano.
.

.
A clasificación final:



7 de xuño de 2014

SE SUSPENDE TEMPORALMENTE A DERRADEIRA PROBA DA REGATA DE PRIMAVERA E SE TRASLADA AO SÁBADO 21

As condicións climatolóxicas non permiten disputar a regata que estaba prevista.


O tempo de hoxe coincide coa predición que daban estes días pasados, hai ventos de forza cinco do sur con refachos de forza sete. Este é o motivo polo que se suspende a regata que tiñamos prevista para hoxe no Lajareu de Ribeira e tamén vemos que se suspendeu a regata dos Amigos da Dorna de Portonovo.



As regatas de primavera que fai todos os anos o Lajareu a estas alturas xa están rematadas pero este ano non coincidiu ben e andamos metidos en xuño, combinando para non pisar as regatas doutros clubs aínda que non sempre se consegue.

A semana que ven, o sábado 14 é a Regata dos Faros do Grove á que nos gusta ir e na que teremos representación, por iso pospoñemos para o día 21 a cuarta proba da regata de primavera. Aquí vos deixamos a clasificación provisional.




26 de maio de 2014

A Deputación da Coruña concede unha subvención ao Lajareu

Subvención da Deputación da Coruña para o ano 2014.

A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención o pasado 25 de maio de 2014.
Esta subvención está dirixida a investimentos durante o ano 2014 e nesta ocasión o obxecto en concreto é a adquisición dun motor foraborda para a dorna xeiteira Insuabela. O importe concedido é de 2.398,32 €, que supón unha porcentaxe de financiamento do 70 %.



13 de maio de 2014

A SANDRA VENCE A PRIMEIRA PROBA DE PRIMAVERA NUNHA CHEGADA MOI AXUSTADA


A chegada desta primeira proba resultou apretadisima pero a Sandra sóubolle sacar dúas esloras á Xaimiña e algo máis a Áncora.


A Sandra con José Antonio e Panarro a punto de atravesar a chegada.

No Lajareu iniciamos o pasado 3 de maio as regatas de Trofeo de primavera e resultou unha tarde tranquila con pouco vento e sen mar. Foi moi agradable a saída en dorna polas augas de Ribeira.
Aquí tedes todas as fotos no álbum da regata.
Saímos 11 dornas e fixemos un percorrido non moi largo por se caía o vento; saída proa á baliza de desmarque na praia de Coroso, ás Airoas por babor, volta ao Lajareu para deixalo por estribor, Camouco por babor e unha bolina ata a liña de chegada na mesma baliza na praia de Coroso.
A clasificación desta proba foi:

Sandra, 
Xaimiña, 
Áncora, 
Ardentía, 
Volandeira, 
Vikinga, 
Rabuda II, 
Papoula, 
Praia das Carolinas, 
Moura, 
Praia de Bandaurrío
.

.

3 de maio de 2014

FINALIZOU O CAMPIONATO DE INVERNO DE DORNAS A VELA 2014 E INICIA A REGATA DE PRIMAVERA 2014


BOA TARDE DE SOL CUN VENTO DE ENTRE 12 E 15 NÓS NA 4ª E ÚLTIMA PROBA DA REGATA DE INVERNO.


Este sábado 26 de abril doce dornas tomaron a saída dende Ribeira para completar a última das catro mangas das que constaba este campionato. O vento, moi estable e ben definido do oeste, andaría entre os 12 e os 16 nós, con algún refacho de algo máis de intensidade.
Aquí tedes o álbum de fotos da regata.
Unha tarde axeitada para levar toda a vela, aínda que algúns participantes atrasarían o centro vélico, deixando caer o mastro para andar algo máis seguros. Non foi isto unha imposición da comisión de regata, pero  si algo importante para conseguir un mellor equilibrio na dorna.
.

A saída  co vento na proa, fíxose dende preto da Illa do Ratos para ir proa a boia de desmarque, moi preto da entrada do club náutico. Neste primeiro tramo, sería  a Áncora,  Xaimiña, Sandra, Volandeira, Ardentía e Vikinga  as que foron deixando a boia de  desmarque, por babor, formando un primeiro grupo bastante apretado. Dende aquí e co vento polo través, habería que deixar  o faro do  Lajareu,  tamén por babor, no que non habería cambios significativos no orden de paso,  soamente resaltar un pequeno golpe xusto ao virar a boia de desmarque  entre a Volandeira e a Sandra que non tería máis  consecuencias.
Xa no terceiro  tramo, ata  a Illa de Rúa, e co vento pola aleta de estribor, destacaría a Sandra facendo unha moi boa remontada e rebasando ao segundo posto que nese intre era da Áncora. A Xaimiña foi a primeira dorna en rebasar a Illa. A esta altura, destacar o percance que sufriu a Sandra partindo o mastro pola parte superior, xusto no momento de facer a virada por popa, e aínda que perdeu moito tempo reparando a desfeita, chegaría polos seus propios medios, máis  xa perdera toda opción a loitar por unha praza no podio.
Ata o seguinte paso, o sinal do Camouco, e co vento de proa, abriríase moito o campo da regata, onde algúns decidiron ir cara terra e outros cara fora, máis a clasificación non sufriría cambios significativos, virando este paso a Xaimiña, a Áncora e a Vikinga nos primeiros postos.
Na chegada a meta sería a Áncora a que alcanzaría a Xaimiña, entrando esta na segunda posición, e Vikinga e a Ardentía no terceiro e cuarto posto a moi pouca distancia das primeiras.
O resto do grupo entrou así: Volandeira, Moura, Rabuda II, Cachi, Sandra, Praia das Carolinas, Xarda e Beliña.
Logo de publicar a clasificación houbo unha reclamación dunha dorna por considerar que a puntuación final era incorrecta. O comité de regatas logo de estudar as motivacións e comprobar os resultados acordou estimar a reclamación, polo que a clasificación final do campionato de inverno foi a seguinte:



E unha tras doutra, iniciamos xa a Regata de primavera 2014 aproveitando os sábados con marea alta na tardiña. 
 

 

8 de abr. de 2014

BO VENTIÑO NA TERCEIRA DE INVERNO

O passado sábado dia 29 de março realizámos a terceira prova da regata de Inverno. Após umha semana de previssons pesimistas que ameaçavam com o mesmo panorama que na segunda prova, finalmente gozámos dum vento magnífico superior aos 10 nós. À saída em Coroso seguia um desmarque entre a entrada do porto e o sinal do Lajareu. Entre as duas opçons possíveis, a de sair cara Rua e nom cara Ribeira resultou a mais favorável por ser o vento mais constante em intensidade e direcçom. A partir deste desmarque já se forom configurando as diferenças entre as embarcaçons. Na longa empopada até a primeira batea de Palmeira formou-se um grupo de cabeça: Sandra, Vikinga, Áncora, Volandeira e Rabuda aumentarom a vantagem com o resto das dornas. Passada a betea vinha umha outra escolha para chegar ao Camouco. As dornas que continuárom cara o suroeste navegavam contra o mar que entrava na ria de este rumbo, as que virárom e pugérom proa à ilha dos ratos tomárom vantagem. Após virar cara o Camouco, Sandra e Vikinga passárom primeiras, muito a barlovento deste sinal. A Áncora apurou ao máximo e assim recuperou o terceiro posto que cedera à Rabuda por tomar rumbo suroeste. A Rabuda asegurou em excesso a virada para passar o Camouco, e a Volandeira sufriu o desprendemento da pletina para o gancho da driça, que a deixou num quinto posto. A última baliça, o passo do Lajareu, nom produziu mudanças no grupo de cabeça. A ordem de chegada e a detalhada abaixo.

Sandra, Vikinga, Áncora, Rabuda, Volandeira, Cachi, Praia das Carolinas, Moura, Xaimiña, Xarda, Beliña.

O vindeiro 12 de abril teremos a última prova da regata de Inverno, com a entrega de trofeos, e presentes para todas as tripulaçons.




25 de mar. de 2014

19 de xullo e 6 de setembro en Ribeira


Boas a todos, xa temos as datas para as nosas actividades de verán. Habitualmente viñamos facendo dúas regatas no verán pero este ano temos algúns cambios.

O Trofeo Dorna de Prata na tradicional Regata do Carme que sairá como sempre das inmediacións da praia de Coroso será o 19 de xullo.

Con respecto á nosa segunda cita habitual de primeiros de setembro este ano temos novidades: non imos facer regata. No seu lugar celebraremos unha Xuntanza en Palmeira, excluíndo o elemento competitivo, para lembrar e homenaxear ao noso amigo que tanto nos aprendeu, José Bermo, "o Americano", que como sabedes era de Palmeira e que nos deixou hai un ano. Reservamos o 6 de setembro para velear ata alí.

José Bermo, navegando na Papoula con Carlos, na regata de primavera de 2010.
Aínda non temos definido o programa nin o horario concreto desta Xuntanza, que iremos precisando segundo se achegue a data, pero queremos recordar a José facendo o que fixemos con el tantas veces: navegar nas nosas dornas e falando e confraternizando despois diante dunhas cervexas e uns petiscos.
Estades todos convidados.

Carlos e o Americano levaron premio naquela regata de primavera 2010



22 de mar. de 2014

Pouco vento na primeira e segunda proba deste inverno

A próxima regata esperanos o sábado 29

Encalmada na abra de Ribeira durante a regata de dornas

O passado sábado dia 8 de Março começámos as provas da regata de Inverno do Lajareu. Às quatro da tarde, a hora marcada para a saída, semelhava que após umha manhá sem vento, teriamos algo para fazer a regata. Deu-se a saída na praia de Coroso, proa à praia para tomar a boia de desmarque frente ao límite da praia cara a Ribeira. A Moura tomou a saída de primeira e também alcançou o desmarque em primeira possiçom, mas a partir deste momento o vento caeu ao mínimo e começou umha interminável empopada cara ao ilhéu de Rua que demorou duas horas. Quase todas as dornas levavam a vela por babor, excepto a Volandeira e a Cachi, que tomarom um rumbo mais cara ao leste que as demais com a vela por estribor para aproveitar deste curiosa maneira o vento de noroeste. Mas a escolha resultou acertada e acabárom por alcançar Rua antes que o resto da flota, seguidas pola Xaimiña e a Sandra, Vikinga, Moura e Áncora, Praia das Carolinas e Papoula , e a Beliña. A continuaçom refrescou um pouco o vento e a maioria das dornas virárom cara a Palmeira para aproveitar o vento de terra e reduzir o número de bordos. E esta foi também a melhor escolha, as dornas que buscárom vento mais cara ao oeste perdêrom postos na prova.

E por último dar as boas vindas à tripulaçom da Beliña, Alicia e Xoan, que se incorpora as regatas do Lajareu com esta prova.

A ordem de chegada foi como a continuaçom se relata:

1  Volandeira
2  Cachi
3  Xaimiña
4  Sandra
5  Áncora
6  Vikinga
7  Moura
8  Praia das Carolinas
9  Papoula
10 Beliña

Todas as fotos están colgadas neste álbum.
.

.
A segunda proba foi o sábado 15 e resultou peor que a primeira porque ningunha das dornas foi quen de finalizar. O vento prometía do nordés pero non chegou a entablar e quedamos todas as dornas no Camouco, así que a clasificación segue coma na anterior regata, engadindo a Xarda, con Carlos e Carmen, que xa se uniron á frota.

O noso agradecemento a Sabela polas fotos. Vémonos para a vindeira.






23 de ago. de 2013

A DORNA CARIÑOSA GAÑOU A REGATA DO CARME DE RIBEIRA

O Lajareu mantén o trofeo da Dorna de Prata no Concello de Ribeira.


A tarde do sábado presentouse máis venteada do que indicaban as predicións e motivou que as dornas coseran rizos, a meirande parte un e algunha dous.

Aquí tedes todas as fotos da regata.





Unicamente a dorna Cariñosa da A. C. D. Dorna da Illa de Arousa aguantou con toda a vela e rematou a regata en primeiro lugar, parabéns aos campións.




O vento estivo de noroeste polo que o percorrido consistiu en dúas voltas a un triángulo formado por unha boia na praia de Coroso, o Lajareu e o Camouco, para rematar na boia da praia de novo.

 

 A Zoa e a Áncora, da A. C. Lajareu por Barlovento de Ribeira entraron cunha mínima diferencia na meta en segundo e terceiro lugar.










 


A Rona, da Asociación de Amigos da Dorna Meca, do Grove, entrou en cuarto posto.


Clasificación da regata do Carme 2013






As condicións do mar e do vento provocaron que algunhas dornas tivesen problemas para completar o percorrido, é de agradecer o traballo das embarcacións de apoio e da Cruz Vermella axudando a todas as que o precisaron.





















As primeiras dornas clasificadas logo de recoller a Dorna de Prata

6 de ago. de 2013

A REGATA DO CARME, TROFEO DORNA DE PRATA SERÁ O 17 DE AGOSTO


Ola a todos, logo de idas e voltas coa data, o sábado 17 de agosto organizamos a nosa regata principal do verán, a Regata do Carme, Trofeo dorna de prata. A saída está prevista para as 16:00, momento a partir do cal se dará a primeira pitada.
Dende o Lajareu invitamos a todos os clubs a que veñan a pasar o día a Ribeira e a participar nesta regata, na que coma todos os anos, ademais da clasificación individual, ponse en xogo a Dorna de Prata na clasificación por clubs.
Esta é unha regata por equipos na que se pon en xogo o trofeo "Dorna de Prata" que o equipo vencedor deposita na sede do seu Concello durante un ano, ata que se dispute de novo. 
Por cada club puntúan as tres primeiras dornas de cada un e o que teña menor puntuación é o vencedor. O ano pasado a Zoa de Charli e Xosé gañaron a regata e axudaron a que a "Dorna de Prata" quedase en Ribeira. Sempre está complicado facer que as tres dornas que puntúan estean preto da cabeza porque a competitividade é moi alta e cada ano os regatistas afinan mais, calquera despiste ou fallo faite baixar na clasificación.


Outra cita próxima é este sábado 10 na Illa de Arousa, onde se disputa a Regata do Bao 2013, que se caracteriza porque a saída é dende a praia, coas dornas varadas.
Como xa comentou Xosé nalgunha entrada, o importante é navegar, desfrutar con todos do mar e que haxa dornas a bolinar na ría.

Como facemos ultimamente, publicamos o Anuncio de Regata co que intentamos informar das condicións de participación e espallar o máximo posible o evento



1 de ago. de 2013

A Deputación da Coruña concede unha subvención ao Lajareu

Subvención da Deputación para o ano 2013

A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención o pasado 17 de xullo de 2013.
Esta subvención está dirixida a investimentos durante o ano 2013 e nesta ocasión o obxecto en concreto é a elaboración do velame para a dorna xeiteira Insuabela por un importe de 1.198,63 €.