Como esta semana tivemos que deixar a regata sem acabar,
entre Insuabela e Insuabela vai um outro post dedicado à festa marítima de
Douarnenez. Desta volta é monográfico sobre a reconstrucçom dum barco viquingo.
Chama-se Dreknor e é umha réplica exacta do barco de Gokstad, que com os seus 23.5 metros de
cumprimento é umha das duas naves pricipais que se conservam no museu dos
barcos viquingos de Oslo. Esta réplica foi construída perto de Cherburgo,
Normandia, e podedes ter mais informaçom no seu site www.dreknor.fr, na wikipedia ou em imagens do
google. Aquí vos deixo algumhas vistas que incluem pormenores interessantes,
mas as fotos do processo constructivo, da bota-abaixo com um guindastre e da
sua actividade em mar ou em porto som as que podedes procurar nos lugares antes
indicados. Antes de estar em Douarnenez estivo a semana anterior na festa de
Brest, onde estava amarrado junto a outro barco viquingo.
18 de mar. de 2013
ESTO VAI REMATANDO
A construcción da Insuabela vai chgando a seu fin: dos barrotes sobre regala xa so falta facerlle os imbornáis. Na proa está a tapa do escotillón co seu tarabelo
Nesta perspectiva tan chula vemos enteiro o barrotillo dos corredores e tilla. A foto engana porque n apopa é moito máis estreito do que aquí semella
E finalmente nesta vista xreal podemos apreciar como chagan a cinta e barrote de sobre-regala á pola e o taco do motor. Tamén se ven as remadoiras, que nas anteriores reportaxes ainda non estaban.
Xa era para poñela quilla arriba esta semana, pero Domingos tivo que deixar de momento os últimos traballos que faltan na Insuabela para reparar os danos que os últimos temporáis causaron nas dorniñas dos mariñeiros.
O primeiro é o primeiro, lóxicamente. Pero axiña veremos rematada a Insuabela e poderemos poñela quilla arriba para tapar as cabezas dos cravos con serrín con cola, calafatear o carpinteiro todas as xuntas das táboas con estopa e brea, e dar a primeira man de alquitrán ao casco. Estámolo desexando... Cousa bonita!
7 de mar. de 2013
A CUBERTA!
Pois sí señores: aquí está a cuberta da Insuabela xa rematada. E podémolo ver unha vez máis grazas á fotos de Carlos Ruano. E disto fai xa tres dias...
Esto ´eo que nos chamamos "tilla corrida", porque as taboas que cobren a "tilla", o caixón donde se levan as cousas (ou dormen as persoas, nestas dornas grandes), as táboas que a cobren, digo, prolónganse ate a proa, cobrindoa igualmente e xerando así unha cuberta corrida.
1 de mar. de 2013
XVII EDICIÓN DO CAMPIONATO DE INVERNO DE DORNAS A VELA 2013
COMEZAN AS REGATAS DO CLUB LAJAREU POR BARLOVENTO DE RIBEIRA
O pasado sábado día
23, comezou a primeira regata de dornas do ano 2013, correspondente á primeira proba da regata de inverno, na que participaron as dornas A Fiuza, Ardentía, Lusiña,
Papoula, Praia de Bandourrio, Rabuda II, Sandra, Vikinga, Volandeira, Xaimiña e
Xarda.
Esta Regata de Inverno 2013 consta de catro probas e as seguintes serán o 9 e 23 de marzo e o 6 de abril, cada dúas semanas, a menos que algunha haxa que movela por causa do tempo.
A Vikinga foi a primeira dorna en pasar a liña de chegada |
A tarde presentábase
moi gris, co ceo cuberto de nubes e vento moderado do nordés, o que facía
sospeitar unha regata lixeira.
O percorrido da
regata foi saída cara á boia de desmarque na praia de Coroso para pasar a boia
pola banda de babor, para despois seguir cara ao faro do Lajareu, sinal do
Caamouco, Illa dos Ratos, todas tamén por babor, e chegada no faro de Lajareu.
Saída de bolina á boia de desmarque en Coroso |
A saída deuse con
algo de retraso, sobre as 16:30, proa á boia de desmarque cunha bolina a
rabear, que obrigaba a facer varios bordos. Chegarían á boia a Ardentía, A
Fiuza, Vikinga, Lusiña e Volandeira. Está última, que saíu algo atrasada, fixo
unha xenial bolina e foi quen de chegar nun bo posto.
Despois unha empopada
para o Lajareu na que non houbo ningunha variación neste grupo. No seguinte
bordo a Lusiña quedouse un pouco atrás ao errar na manobra da virada por popa no
Lajareu, saíndo cara ao Caamouco as outras catro cunha lixeira vantaxe. Sandra
e Papoula saíron tralo ronsel da Lusiña. Este treito cara ao Caamouco, co vento
de través, fíxose en pouco tempo facendo que as catro chegasen nun puño ao
sinal.
De través entre o Lajareu e o Caamouco |
Unha vez alí, tocaba
outra bolina en dirección aos Ratos e foi neste punto onde se decidiu a regata.
Ardentía e Vikinga viraron cara á Praia de Coroso, mentres que A Fiuza e
Volandeira bolinaron para Palmeira. O resto da frota seguiron a estela destas
últimas moi de preto.
A Lusiña pasando o Caamouco por babor |
Uns minutos máis
tarde, todas as que ían a Palmeira viraron cara aos Ratos, agás A Fiuza que seguiu no rumbo algo máis de tempo. Das dornas que ían a Coroso, Ardentía virou
a medio camiño para Palmeira, mentres Vikinga seguiu cara a Coroso, decisión
que resultou a mellor de todas, pois alcanzou os Ratos en primeiro lugar, pasando
a poucos metros e da proa da Volandeira. Sandra, Ardentía e Lusiña sairían
detrás delas cara á chegada.
Na empopada ao
Lajareu a Volandeira non foi quen de dar alcance á Vikinga cruzando esta a
chegada na primeira posición.
A clasificación desta proba foi a seguinte:
1º Vikinga (Fernando
e Carla)
2º Volandeira (Víctor
e Ana)
3º Sandra (José
Antonio e Carlos)
4º Ardentía (José
María e ...)
5º Lusiña (Antonio e
Ron)
6º A Fiuza(Severino e
Nacho)
7º Papoula (Carlos e
Ramón)
8º Xaimiña (Xaime e
Xaime)
9º Rabuda II (Xosé e
Marcos)
10º Praia de
Bandourrio (Fran e Emilio)
11º Xarda (Carlos e
Carmen)
Os da cola tivemos sorte e o xuíz de regata se entretivo connosco e tirounos máis fotos que ao resto, ai van algunhas.
Podedes ver todas as fotos deste sábado nos albumes do Lajareu Fotos da 1ª proba Regata de Inverno 2013
Podedes ver todas as fotos deste sábado nos albumes do Lajareu Fotos da 1ª proba Regata de Inverno 2013
A Rabuda II con Xosé á caña e Marcos de proel. |
A noviña Praia de Bandourrio con Fran de patrón e Emilio na proa |
Carme e Carlos traballaron todo o outono para poñer a Xarda en perfecto estado, un tempiño en alquitrán e logo a pintar, que a cinta bótaselle en falta. Ánimo! |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)