17ª EDICIÓN-CAMPIONATO DE
PRIMAVERA DE DORNAS A VELA 2013
REGATA MARCADA POR UNHA TARDE SOLEADA
E MOI APACIBLE CON VENTOS ENTRE OS 7 E
OS 8 NÓS, E UNHA TEMPERATURA EN TORNO OS
20º.
O pasado sábado día 4 de Maio deu comezo a 2ª proba
de dornas a vela do 17º
campionato de primavera de
Lajareu por Barlovento, , na que participaron as dornas A Fiuza, Lusiña, ,
Vikinga, Volandeira, Xaimiña, Moura, Rabuda,
Cachi, Praia da Bandourrío, Sandra e
Zoa.
A tarde presentábase co ceo totalmente
despexado e unha temperatura casi de
verán.
O vento frouxo e moi fixado do oeste, faría desta
regata unha tarde de navegación das que crean afición.
O percorrido da regata foi: Saída dende o medio da badía de Coroso proa á
boia de desmarque, situada perto do Náutico, para deixala por babor e continuar
cara o faro do Lajareu, deixando este tamén por babor, para despóis continuar ata a Illa dos Ratos. Dende aquí rumbo ás Airoas
para finalizar novamente perto da praia de Coroso.
No percorrido ata a boia de desmarque
as dornas chegaron bastante agrupadas, destacando e pasando en primeiro lugar,
como non podia ser de outra forma , a Zoa, cos veteranos regatistas Xosé e
Charly. Seguída moi de perto pola Fiuza e a Volandeira .
Dende aquí e ata a illa dos Ratos, e co vento pola aleta, as dornas manterian os
seu postos, destacando a lenta e
imparable progresión que daa Xaimiña, co
seu xoven patrón, Xaime fillo, e a Sandra, que unha vez máis demostrou as excelentes cualidades da sua dorna e o bo
facer do seu patrón, José Antonio.
Deixada pola popa a Illa dos Ratos,
quedaba o tramo ata as Airoas, o máis longo e determinante. Co vento vindo moi perto da proa, a únicas estratexias consistían en pegarse terra ou separarse cara o medio da ría.
Neste tram, prácticamente todas as
dornas decidirían navegar polo rumbo de terra para así poder evitar a molestia
da onda por proa. Duas dornas, a Xaimiña e a Sandra, destacaron neste bordo facendo
unha gran remontada.
Rebasadas as Airoas, restaba o tramo
final ata a liña de chegada no medio da praia de Coroso. Non habería cambio ningún na clasificación
ata a meta, ainda que neste tramo, xa contra o final da tarde, o vento rolaría
un pouquiño cara o noroeste e entrando ás dornas pola amura, e obrigando os
regatistas a bolinar moi fino para poder finalizar este último tramo nun bordo,
cousa que non todos conseguirían.
Destacar, como ven sendo habitual, a
impecable regata que fixeron Charly e Xosé na
Zoa, que que situaron no primeiro
posto na saida e o mantiveron ata o final,
impoñendo un forte ritmo e marcando unha gran ventaxa sobre os demáis
regatistas.
Hai que destacar o bo facer dos Xaimes, pai e fillo, que tendo
virado a boia de desmarque nos últimas postos,
chegaron a pasar a liña de cegada
na terceira posición
A clasificación rematou así:
1º Zoa
( Charly e Xosé )
2º
Sandra ( J. Antonio e Carlos)
3º Xaimiña ( Xaime, Xaime-fillo)
4º
Moura ( Xesús e Marcos )
5º Lusiña (Antonio e Ron )
6º Cachi ( Juan e Tucho )
7º Volandeira ( Victor, Brux e Jorge )
8º A Fiuza ( Severino e Nacho )
9º Rabuda II ( Xosé e Santi )
10º Praia de Bandourrío ( Frank e
Manuel )
11º Vikinga ( Fernando e Tano )
Vindeira regata o sábado 18 de Maio as 16:30 horas.