Boas a todos, xa temos as datas para as nosas actividades de verán. Habitualmente viñamos facendo dúas regatas no verán pero este ano temos algúns cambios.
O Trofeo Dorna de Prata na tradicional Regata do Carme que sairá como sempre das inmediacións da praia de Coroso será o 19 de xullo.
Con respecto á nosa segunda cita habitual de primeiros de setembro este ano temos novidades: non imos facer regata. No seu lugar celebraremos unha Xuntanza en Palmeira, excluíndo o elemento competitivo, para lembrar e homenaxear ao noso amigo que tanto nos aprendeu, José Bermo, "o Americano", que como sabedes era de Palmeira e que nos deixou hai un ano. Reservamos o 6 de setembro para velear ata alí.
José Bermo, navegando na Papoula con Carlos, na regata de primavera de 2010. |
Aínda non temos definido o programa nin o horario concreto desta Xuntanza, que iremos precisando segundo se achegue a data, pero queremos recordar a José facendo o que fixemos con el tantas veces: navegar nas nosas dornas e falando e confraternizando despois diante dunhas cervexas e uns petiscos.
Estades todos convidados.
Estades todos convidados.
Carlos e o Americano levaron premio naquela regata de primavera 2010 |