A ÁNCORA DE RIBEIRA, LIDER INDISCUTIBLE MAIS UNHA VEZ NA 4ª E ÚLTIMA PROBA.
Na tarde do sábado 28 de maio a Volandeira de Victor e Brux foi a única dorna que meteu en certos apuros a Áncora e mantivo a incerteza ata esta última manga. Ao final ficaría de segunda a un só punto.
Unha fermosa tarde de sol e calor, e que con un vento frouxo de entre 5 e 8 nós, propiciou unha tranquila tarde de navegación aos participantes.
Víctor e Brux, da Volandeira
A saída coma de costume nas inmediacións da praia de Coroso, sería ás 16,30 horas cara o primeiro paso, a boia de desmarque situada no méio da abra, xa que nese intre o vento estaba soprando do leste. No momento da primeira pitada o vento caeu completamente provocando abordaxes na mesma liña de saída, e ata que o xuiz deu a última pitada non entraría o noroeste, facendo que as embarcacións saisen co vento xusto pola popa cara a boia de desmarque, e chegando ata alí moi xuntas, provocando tamén aí algunha que outra abordaxe.
Deste paso os participantes tomarían rumbo cara as Airoas amurados a estribor. Sería a partir de aquí onde comezaría a abrirse a regata e separarse as dornas ata alcanzar a illa de Rúa, pasando a Ardentía na primeira posición, seguida a moi pouca distancia da Rabuda e a Áncora.
No seguinte treito, ata o Camouco, as embarcacións deberían bolinar moi finamente, xa que o vento estaría rolando casi constantemente, ainda que sen aumentar a intensidade. Neste bordo incorporouse ao grupo de cabeza A Rona do Grove, e xa de aí as dornas deberían dirixirse á chegada, situada perto do clube náutico.
Jose Curiel, dende Madrid, chegar e encher. Na Vikinga de Fernando non é de extrañar.
Case todos os participantes elixirían o bordo da praia, xa que parecia o máis axeitado para enfrontar o vento xusto de proa. Ao final Adelino e Agustín, patrón e proel da Áncora serían os primeiros en ultrapasar a liña de chegada, asegurándose así o primeiro posto na clasificación xeral.
Salientar a participación de dornas que se achegaron do Grove: A Rona, a Faisca, Marijuana, e a Sra. Maria, as cuais fixeron un digno papel, e ás que animamos a que volten, e igual ca elas calquer outra. Sempre serán ben recebidas. Tamén destacar a participación de Jose e Cristina, chegados de Madrid unicamente para participar nesta proba.
A clasificación da 4ª proba do Trofeo de Primavera ficou así:
1-Áncora
2- A Rona
3-Ardentía
4-Sandra
5-Faisca
6-Vikinga
7-Volandeira
8-Rabuda II
9-Cachi
10-Marijuana
11-Xaimiña
12-A fiuza
13-Lusiña
14-Sra. María
A clasificación final da Regata ficaría da seguinte maneira:
Xunto coa entrega de trofeos tivemos a honra de recibir un agasallo de Xandomar (Juan Pérez Martínez), o seu libro recentemente editado "Antiga dorna polbeira de Castiñeiras" que recibiu o presidente do Lajareu. O que lle agradecemos grandemente.
Logo dos trofeos e dos pinchos, a tarde continuou apacible e tranquila. Temos as fotos desta regata dispoñibles e tamen as do resto de actividades, as podedes atopar no album de fotos do Lajareu.
Ata a próxima navegación. Esperamosvos na Regata da Dorna e na do Lajareu.
Polo medio teremos a Volta Á Illa e os Encontros, así que xa tomaremos algo.