26 de dec. de 2008

Far de S'Arnella

Ola Mariñeiros.
Ahí vos mando unhas fotos desde o Port de la Selva. Temporal de neve e vento en Cataluña con vento duro de Levante, e abofé que sí. Esta mañá NEVOU no Porto da Selva, e cortouse a estrada que vai a Cadaqués. Callou a neve no Mosteiro de Sant Pere de Rodes e no Castelo de Sant Salvador. E no mar, ondas de seis metros. Ahí tedes o mar rompendo no faro de S'Arnella. Para que logo digan que o Mediterraneo é unha palangana



Ao fondo, a Punta de Cervera, xa en Francia.
Bo Nadal e que todo veña ben neste 2009 que temos pola proa.

3 de dec. de 2008

Arredemo!

Noso amigo Miguel é todo iniciativa. Igual algún se lembra do Arredemo. ese botiño das rias Altas que mercara, arranxara e aparellara para latina. Estivera no Lajareu medindo o pao e facendo probas para envergar a vela na entena. Miguel namorouse das embarcacións tradicionais da nosa man. O día que pasou a Marola na Moura, rumbo aos encontros de Ferrol decidiu que tiña que ir a Brest patroneando a sua propia embarcación. Mercou o bote en Sada e coas suas mans botoulle cuberta nova, temón, cana, entena, cornamusas, calculoulle a veliña...todo. A sua botadura en Sada converteuse nun acontecemento no mundo das embarcacións tradionáis nas Rías Altas, e ahí foi Miguel a Brest co seu Arredemo a remolque.

Pero Miguel é todo iniciativa. E agora esta promovendo a creación dunha sección de navegación tradicional no seo da Escola Municipal de Vela Lixeira de Sada, donde aprendera él a velear. E para eso acaba de botar a andar un curso de introducción á navegación tradicional que se presentou sábado.

A presentación do curso foi unha gozada. Pese ás inclemencias do tempo, congregámonos un par de duecias de interesados e amigos para ver dous videos introductorios e compartir unha cea tradicional a base de caldo, chourizo e uns postres impresionantes feitos por Ana. Entre eles unhas pastiñas de té esquisitas coa fasquía de Arredemiños e dornñas... Unha pasada!

Miguel non se anda con caralladas. E xa sábado repartiu entre os interesados un dosier en CD con material didáctico, historia, tipoloxías... O curso terá contidos teóricos e prácticos. Eso que vedes ahí é un invento do propio Miguel para explicarlle aos alumnos como incide o vento na vela nos diferentes rumbos. A maquetiña do arredemo preséntase sobre n listón que xira nun eixo sobre outro. O listón inferior ten nun extremo un ventilador instalado. E todo esto sobre a carta da Ría de Sada... Un flipe!

Para as clases prácticas Miguel conta co seu Arredemo e coa colaboración de distintas Asociacións que visitará co seu grupiño de alumnos en fins de semana ao longo do ano, para coñecer e iniciarse na arte de levar unhas embarcacións e outras. Por suposto están invitados a vir a Riveira e velear nas nosas dornas. Conto con vos para disfrutar con eles desta iniciativa.



Daquí a Xullo Miguel conta con ter un grupiño de afeccioados a esta cousa nosa das embarcación de verdade, de coñecer á xentiña de aquí e acolá, e ir a Muros a disfrutar intensamente, e con coñecemento de causa, dunha experiencia tan preciosa como vai ser.

Creando afición. Creando escola... Adiante, Miguel, e bos ventos nesta sigradura marabillosa.

1 de dec. de 2008

Brest 2008. Primeira entrega

Hola outra vez, e non é sen tempo.

Comeza unha nova etapa para o blog de Lajareu; alomenos para a actividade de quen vos fala. Atao de agora non tiña Internet na casa, e dedicáballe ao blog de Lajareu ratiños de tempo libre no traballo, que, como teredes comprobado, non eran moitos (non son funcionario :-)).

Acabo de instalarme o chiringuito na casa. Así que, en adiante, espero poder dedicarlle tempo a esto e contribuir a levar o blog ao dia coas novas que van acontecendo neste mundiño noso das embarcacións tradicionáis.

Teño unha asignatura pendente, que é ofrecervos unha mostra do que dou de sí a Festa do Mar de Brest aos ollos dos compañeiros que foron aló en representación de todos nos. E dou tanto de sí que inda non encontei o momento de acometer tan inmensa tarefa.

Afortunadamente xa o fixo Xosé por min, e hoxe retomamos este blog cun pequeno aperitivo da Festa de Brest.

Cómo xa saberedes nos escribimos o galego con ortografía castelá, que é a que se acolleu como oficial. Xosé escribe o galego coa ortografía propiamente galega, moi semellante á portuguesa actual. Se non tes costume custa un pouco, pero é doado de entender:

Como o blog nom tem novidades e como já era hora, vou começar a pendurar algumhas fotos de Brest 2008.Na primeira tendes a Moura na dársena que compartimos com Croatas, Brasileiros e Bretons, com a bandeira do Lajareu.



Na segunda umha foto da exposiçom sobre o nosso país e as nossas embarcaçons no "Village Galice". A língua bretá, em pior situaçom ainda que a nossa, tivo um lugar junto com o francês e o galego em todos os paineis esplicativos, assim como nos milheiros de jornais que com os mesmos conteudos fôrom distribuidos às pessoas visitantes, o que foi valorizado e agradecido polas entidades normalizadoras do bretom.


Umha foto do acto institucional no dia de Galiza em Brest, o 16 de Julho, com o alcalde de Brest e a "Ministre de la Culture Galicienne", com as bandeiras galega, bretá e francesa.

Na quarta foto umha dorna meca o mesmo dia saíndo da dársena.

E umha lancha do jeito, a Nova Marina.


E também a dorna Javiota, acabada nos dias precedentes e botada abaixo como parte do acto institucional de que vos falava, confiada aos marinheiros mais novos da delegaçom galega.

Também vos recomendo esta ligaçom para ver um dos programas da tv francesa, o que dará umha ideia mais precisa do ambiente e escoitar a preciosa sintonia composta para o evento
http://www.youtube.com/watch?v=ItfgpOGvePE