28 de abr. de 2013

Rematou o 17º campionato de inverno de dornas a vela en Ribeira



REGATA MARCADA POR UN TEMPO BASTANTE ESTABLE CON VENTOS QUE RONDARON OS 12 NÓS CARGANDO NAS RACHAS ATA OS 16 NÓS.



O pasado sábado día 6 de abril disputouse a última proba da regata de inverno de dornas a vela do ano 2013, na que participaron as dornas A Fiuza, Lusiña, Moura, Papoula, Praia de Bandaurrío, Rabuda II, Sandra, Vikinga, Volandeira, Xarda e Xaimiña.

A tarde presentábase co ceo entre nubes e claros e con unha temperatura bastante aceptable que rondaba os 14º. O vento moderado e moi fixado do noroeste, que andaba nos 10 nós chegando ata os 17 nas rachas.
Con estas condicións os participantes disfrutarían, por primeira vez neste campionato de inverno, dunha tarde con moi bos momentos de sol e nada de choiva. Todo un luxo.
O percorrido da regata foi: Saída dende o medio da abra de Coroso proa á boia de desmarque, que estaba preto do náutico, para deixala por babor e continuar ás Airoas nun través. Dende aquí seguirían ata as Lobeiras levando neste tramo o vento pola aleta, para continuar cara a meta nunha ceñida moi pechada.
Na saída do percorrido ata a boia de desmarque as dornas chegarían bastante agrupadas, destacando a Sandra, Xaimiña, Volandeira e Moura.
Ata o seguinte paso, as Airoas, non habería cambios no orden de chegada. A esta altura a embarcación peor parada sería a Rabuda II que volcou no momento da trasluchada, aínda que sen máis consecuencias xa que as lanchas de salvamento marítimo e protección civil foron rápidas en axudar aos tripulantes.
No seguinte tramo ata as Lobeiras tampouco habería cambios significativos na clasificación, pero dende aquí ata a meta si que o orden de chegada daría un cambio importante xa que algunhas das embarcacións situadas nos primeiros postos decidirían facer o bordo cara fora e perderían moita vantaxe con respecto as dornas que decidiron facer o bordo cara Palmeira.
Algunhas dornas como a Xaimiña, Sandra ou a Papoula serían as máis prexudicadas, e a Vikinga e a Lusiña as máis beneficiadas.
A Volandeira sería a única en manter o seu posto, entre os de cabeza, despois de facer o bordo cara fora, e moi meritoriamente facer un segundo posto na clasificación final. Neste caso a veteranía de Xosé e Carlos xogaría ao seu favor.
A clasificación final foi a seguinte:
1º Lusiña
2º Volandeira
3º  Vikinga
Seguidos da Sandra, Papoula, Moura, Praia de Bandaurrío, Xaimiña e A Fiuza e non remataron a regata a Xarda nin a Rabuda II.

Con isto rematou a regata de inverno da que podedes ver aquí a clasificación final.

Hai que darlle os parabéns a Fernando e Carla polo seu primeiro posto coa Vikinga,
Suso, da Moura, entregando o trofeo aos vencedores da regata, Carla e Fernando da Vikinga

a Antonio e Ron da Lusiña polo segundo 
 
A Lusiña, vencedores desta proba e segundos na clasificación xeral. Antonio co seu fillo que xa está pedindo unha dorna e o seu teste Ron. Parabéns.

a José Antonio e o seu fillo Miguel na Sandra polo terceiro. 

José Antonio e Miguel, pai e fillo, na Sandra, sempre nos primeiros postos

Claro está ao resto da flota tamén entre os que me atopo. Podedes ver neste álbum todas as fotos desta última proba.

Damos as gracias aos compañeiros que nos axudan a facer estas cousas nas embarcacións de apoio, á xente de protección civil e claro está a José María o noso habitual xuíz de regata que tamén fai de reporteiro fotográfico. 


Como sempre que rematamos una regata fixemos unha xuntanza á que se achegaron amigos e familiares así que pasamos unha tardiña boa entre as dornas do Lajareu.



1 de abr. de 2013

A INSUABELA QUILLA ARRIBA

 un grupo de oito: membros de Lajareu, amigos e compañeiros reclutados para a ocasión poñemos a Insuabela quilla arriba seguindo ás ordes do carpinteiro, Domingos. Sobran verbas:


 



 A tarefa ilusionante, o esforzo común, producen a alegría espontanea dos grandes momentos. Qué bonito se todo na vida fose así.
Agora toca tapar as cabezas dos cravos con serrín con cola, calafatear e alquitrán a todo! Gracias a Ingrid polas fotos.