25 de xan. de 2013

CLAVOS GATEADOS


Hola mariñeiros:
Este  é o aspecto que presentaba a nosa dorna xeiteira o pasado día dez de xaneiro.
Como vedes estaban postas xa as taboas de cubrir completas, e antes de rematar de poñer todos os paos (continuación hacia arriba das carreiras ou varengas), Domingos estaba facendo as cintas para as regalas.





Nesta foto xa se pode advertir un detalle constructivo singular da nosa Insuabela, i é que a quilla prolóngase máis a popa do que lle corresponde,na caida do barragán, ata a caida da liña imaxinaria que prolonga a inclinación da estampa. Esta modificación ten por obxecto dotar á dorna dun temón menos grande, que traia a caida diagonal recta do espello de popa, coma nas dornas nais e donas de tope, o que facilitará o seu manexo en condicións de mal tempo. Tanquilos: o triángulo que queda entre a liña de prolongación da estampa, o barragán e a prolongación da quilla vai ocupado por unha pexa de madeira.


Aquí podedes ver as liñas que fan os clavos seguindo os paus e cadernas.


E aquí, con detalle, como se unen os paus ás carreiras, cunha continuidade sinxela. Non hai colas de milano nen raios  de xúpiter nas dornas, a sua construcción é sinxela e elemental, moi arcáica, pero, xa vedes, funciona...




Aquí tedes os clavos dos que xa vos falei, nas diferentes medidas que require esta dorna: semellan os de Cristo, forxados de ferreiro en aliaxe doce para permitiren o seu gateado: una vez clavado o calvo, a parte que sobresae dóblase como a uña dun gato e a punta desta "pouta" vólvese a clavar na madeira:







Como vedes as táboas de cubrir sobresaen da estampa de popa máis da conta. Non vos preocupedes. O carpinteiro sabe cando cortar o exceso.


Aquí podedes ver a Domingos trazando  a cinta dunha regala, e comezando a facela coa garlopa:



Axiña haberá máis porque Domingos xa estaba poñendo estes días os baos e os mamparos. Se non imos e facemos fotos, bota corredores e coberta, e xa non podemos deixar constancia gráfica da distribución interior! Así que animádevos:  Pasade pola de Domnigos a ver e mimar un pouco a nosa dorna do xeito, e de paso quitádeslle unhas fotos...

14 de xan. de 2013

AS TÁBOAS DE CUBRIR

 O blogue tira que bota fume. Está descoñecido. Aquí tedes unha pequena reportaxe de como estaba a dorna o dia 31 de decembro de 2012, no que tiven a ocasión de pasarme polo obradoiro de Domingos para amosarlle esta marabilla a meu amigo Filippo.

Como vedes xa estaban postas as táboas de cubrir de proa e a estampa. É impresionante observar como se colocan antes as táboas de cubrir que as "paus" (falsas cadernas) e que ainda así quedan perfectamente curbadas e simétricas





E de regalo un video para que vexades como se cravan os cravos nunha dorna...


9 de xan. de 2013

DOUARNENEZ 2012



Olá .Feliz ano navegantes, para começar este 2013 dando vida ao blogue e alternar com a construcçom da Insuabela, imos publicar alguns post da nossa visita à festa marítima de Douarnenez, na Bretanha, que se celebrou do 19 ao 22 de Julho do ano passado nesta vila marinheira.
Antes de mais, umhas vistas gerais desde Ploumarc'h do porto e das embarcaçons fondeadas fora, e a continuaçom, já dentro do recinto da festa, mais vistas das embarcaçons amarradas, fondeadas ou abarloadas, clasificadas por tipologias e funçons.
Para quem nom tenha tido a oportunidade departicipar nalgum evento destes na meca mundial das embarcaçons tradicionais, a Bretanha armoricana, dizer-vos que o recinto da festa, que comprende todo o porto, está pechado esses dias e há que pagar entrada para acceder, e nom se anda da quantidade de gente que há. Leiras enormes para estacionamento, linhas de bus especiais porque parte da vila também está pechada ao tráfico, e dúzias de pessoas voluntárias participando na organizaçom. E isto em Douarnenez, na sua “irmá maior”, em Brest, que se realiza os seis dias anteriores em ediçons alternas com a festa de Douarnenez, que é cada dous anos, todas as cifras som muito maiores. Como também som os patrocinadores e todo o que à sua volta se move












5 de xan. de 2013

Olho cos partes meteorológicos...

Nos partes de MeteoGaliza persoalizados para o clube, vêm de meter também os dados de marés, lua e orto e ocaso; assi temo-lo todo numha mesma folhinha. Gracinhas para a gente de MeteoGaliza. Podedes vê-lo na ligação que hai à direita.

Ainda assi... olho com estes anticiclones, que pola mínima... entra a borrasca e acabamos na cabalgada de Reis a 30º e tomando-lhe um "mojito" como a dorna de Davila: