Amosando publicacións coa etiqueta anuncio de regata. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta anuncio de regata. Amosar todas as publicacións

19 de feb. de 2017

REGATA DE INVERNO 2017 DE DORNAS A VELA


INICIO DA TEMPORADA DE REGATAS EN RIBEIRA


Na última fin de semana de xaneiro o Lajareu celebrou a asemblea xeral ordinaria anual e programamos as actividades para este ano.
Empezamos como é habitual coa Regata de Inverno con catro probas durante os meses de febreiro, marzo e abril, concretamente as datas son o 25 de febreiro, 11 e 25 de marzo e o 8 de abril. 
Logo da Semana Santa faremos a Regata de Primavera os días 29 de abril, 13 e 27 de maio e o 10 de xuño. Nese mesmo mes xa teremos outras regatas na ría e tamén o Encontro. 
O 22 de xullo, nas festas de Ribeira, a Regata do Carme e a primeira fin de semana de setembro, o día 2 unha travesía e xuntanza similar a que fixemos este ano.

Aquí vos deixo o Anuncio de regata que facemos habitualmente. Un saúdo e bo vento.





17 de feb. de 2015

REGATA DE INVERNO 2015 DE DORNAS A VELA

En Ribeira comeza a temporada de regatas.

No Lajareu programamos a habitual Regata de Inverno con catro probas durante os meses de febreiro, marzo e abril, concretamente as datas son o 21 de febreiro, 7 e 21 de marzo e o 11 de abril.
Durante estes meses tamén coincide que se farán as eleccións á xunta directiva, por se tiñamos poucas este ano, pero xa vos iremos dando novas deste tema.
Aquí vos deixo o Anuncio de regata que facemos habitualmente. Bo vento.


.

26 de feb. de 2014

Iniciamos a temporada de regatas de dornas en Ribeira.


Regata de inverno 2014.

Xa era tempo de empezar a mover as dornas e nada mellor que botalas á auga e facer algunha regata. 
O Lajareu  programou a habitual Regata de Inverno con catro probas durante os meses de marzo e abril, concretamente as datas son o 1 de marzo, o 15, o 29 e o 12 de abril. Dependemos sempre das condicións meteorolóxicas así que esperemos que se poidan manter neses días.
Nestas datas adoitan ser regatas cortas porque cae pronto o sol, papamos algún chuvasco e anda o frío ao redor pero esa é a gracia que ten; xuntarnos as tardiñas dos sábados, falar da brea e do saín, e que uns coseron un rizo e outros non.

Aquí vos deixo o Anuncio de regata que facemos habitualmente. Bo vento.





6 de ago. de 2013

A REGATA DO CARME, TROFEO DORNA DE PRATA SERÁ O 17 DE AGOSTO


Ola a todos, logo de idas e voltas coa data, o sábado 17 de agosto organizamos a nosa regata principal do verán, a Regata do Carme, Trofeo dorna de prata. A saída está prevista para as 16:00, momento a partir do cal se dará a primeira pitada.
Dende o Lajareu invitamos a todos os clubs a que veñan a pasar o día a Ribeira e a participar nesta regata, na que coma todos os anos, ademais da clasificación individual, ponse en xogo a Dorna de Prata na clasificación por clubs.
Esta é unha regata por equipos na que se pon en xogo o trofeo "Dorna de Prata" que o equipo vencedor deposita na sede do seu Concello durante un ano, ata que se dispute de novo. 
Por cada club puntúan as tres primeiras dornas de cada un e o que teña menor puntuación é o vencedor. O ano pasado a Zoa de Charli e Xosé gañaron a regata e axudaron a que a "Dorna de Prata" quedase en Ribeira. Sempre está complicado facer que as tres dornas que puntúan estean preto da cabeza porque a competitividade é moi alta e cada ano os regatistas afinan mais, calquera despiste ou fallo faite baixar na clasificación.


Outra cita próxima é este sábado 10 na Illa de Arousa, onde se disputa a Regata do Bao 2013, que se caracteriza porque a saída é dende a praia, coas dornas varadas.
Como xa comentou Xosé nalgunha entrada, o importante é navegar, desfrutar con todos do mar e que haxa dornas a bolinar na ría.

Como facemos ultimamente, publicamos o Anuncio de Regata co que intentamos informar das condicións de participación e espallar o máximo posible o evento



17 de feb. de 2012

Inicio das regatas no Lajareu. Regata de Inverno 2012.



Boas a todos, logo de estar un bo tempo sen pasar por aquí empezamos o ano con forza programando a habitual Regata de Inverno. Como estes últimos anos, publicamos o Anuncio de Regata para darlle ao evento a formalidade e a publicidade que se merece.
Empezamos xa este sabado 18 cunha prevision de tempo entre nordes e norte con forza 2-3, ceo despexado e unha temperatura entre 10 e 15 ºC.





Bo vento para todos neste ano.

13 de abr. de 2011

Regata de primavera 2011

E esta semana xa comezamos coa Regata de primavera, a primeira proba será este sábado 16 de abril e celebraremos as restantes probas cada dous sábados. Aquí tedes o Anuncio de regata primavera 2011, co que intentamos achegar o deporte da navegación en dorna á regulamentación actual, que a temos sempre ben presente.


Unha aperta.
Marcos

27 de ago. de 2009

Regata Lajareu 2009

Moi boas de novo, facemos pública a convocatoria da Regata Lagareu 2009 con este Anuncio de Regata que segue a mesma liña que o da Regata da Dorna.
Convidamosvos a navegar o proximo 5 de setembro nas augas de Ribeira para disfrutar unha vez mais deste deporte.

23 de xuño de 2009

Regatas de verán do Lajareu




Ola a todos, esta é a convocatoria da XII Regata da Dorna que se celebrará este verán. Logo do parentesis que tivemos o ano pasado voltase a poñer en xogo a Dorna de Prata o día 25 de xullo.

Leede con atencion o texto do Anuncio de Regata porque o Lajareu co seu animo de imprimirlle o máximo nivel ás competicións deportivas da un paso mais na aplicación do Regulamento das regatas co obxecto de acadar o maior rigor, seguridade e condicións de igualdade entre todos os participantes que dignifique e poña en valor a navegación tradicional deportiva.

Así que vos invitamos e animamos a participar dun día mais de mariñeiría, compañeirismo e deportividade.

Tamén vos confirmamos que a regata Lajareu celebrarase este ano o 5 de setembro.
Unha aperta e bo vento.