Maravilhosa jornada de navegação na Insuabela com nordés mantido o mais do tempo superando os 6 nós nos melhores momentos.
Foi o passado sábado. Estivamos víveres: espectacular empanada "terra-mar" da que se encargou a Sara de Ribeira, os chouriços de Lalim de Mar e o alvarinho de casa de Suso em Caleiro.
Zarpamos com 19ºC, dia solheiro, céu e mar privilegiados, e pomos proa a Rua e os Guidoiros acompanhados da Moura. Também no mar A Volandeira, com José à cana, nuns bordos afinados e lixeiros que vão dar muito que falar nas vindeiras regatas de inverno do Lajareu.
Velai o vídeo que nos deixa o companheiro Carlos Barcala:
8 de nov. de 2015
17 de feb. de 2015
REGATA DE INVERNO 2015 DE DORNAS A VELA
En Ribeira comeza a temporada de regatas.
No Lajareu programamos a habitual Regata de Inverno con catro probas durante os meses de febreiro, marzo e abril, concretamente as datas son o 21 de febreiro, 7 e 21 de marzo e o 11 de abril.
Durante estes meses tamén coincide que se farán as eleccións á xunta directiva, por se tiñamos poucas este ano, pero xa vos iremos dando novas deste tema.
Durante estes meses tamén coincide que se farán as eleccións á xunta directiva, por se tiñamos poucas este ano, pero xa vos iremos dando novas deste tema.
Aquí vos deixo o Anuncio de regata que facemos habitualmente. Bo vento.
Etiquetas:
anuncio de regata,
dorna,
embarcación tradicional,
Lajareu,
regata de dornas,
Ribeira
23 de xuño de 2014
A REGATA DE PRIMAVERA 2014 CUMPRIU AS ESPECTATIVAS DE PARTICIPACIÓN E COMPETICIÓN
A ÁNCORA GAÑOU ESTA EDICIÓN 2014 DA REGATA DE PRIMAVERA
Cada vez son mais as dornas que participan nesta regata que se fai anualmente cunha combatividade cada vez maior e sempre aparece xente nova que se interesa pola navegación tradicional. Logo do aprazamento da última proba que estaba prevista para o día 7 e se disputou o día 21, aquí vos deixamos as fotos e a clasificación da regata de primavera deste ano.
.
.
A clasificación final:
Etiquetas:
dorna,
dornas,
embarcación tradicional,
Lajareu,
regata,
regata de dornas,
Ribeira
7 de xuño de 2014
SE SUSPENDE TEMPORALMENTE A DERRADEIRA PROBA DA REGATA DE PRIMAVERA E SE TRASLADA AO SÁBADO 21
As condicións climatolóxicas non permiten disputar a regata que estaba prevista.
O tempo de hoxe coincide coa predición que daban estes días pasados, hai ventos de forza cinco do sur con refachos de forza sete. Este é o motivo polo que se suspende a regata que tiñamos prevista para hoxe no Lajareu de Ribeira e tamén vemos que se suspendeu a regata dos Amigos da Dorna de Portonovo.
As regatas de primavera que fai todos os anos o Lajareu a estas alturas xa están rematadas pero este ano non coincidiu ben e andamos metidos en xuño, combinando para non pisar as regatas doutros clubs aínda que non sempre se consegue.
A semana que ven, o sábado 14 é a Regata dos Faros do Grove á que nos gusta ir e na que teremos representación, por iso pospoñemos para o día 21 a cuarta proba da regata de primavera. Aquí vos deixamos a clasificación provisional.
Etiquetas:
dorna,
embarcación tradicional,
Lajareu,
regata,
regata de dornas,
Ribeira
26 de maio de 2014
A Deputación da Coruña concede unha subvención ao Lajareu
Subvención da Deputación da Coruña para o ano 2014.
A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención o pasado 25 de maio de
2014.
Esta subvención está dirixida a
investimentos durante o ano 2014 e nesta ocasión o obxecto en concreto é a adquisición dun motor foraborda para a dorna xeiteira Insuabela. O importe
concedido é de 2.398,32 €, que supón unha porcentaxe de financiamento do 70 %.
Etiquetas:
Deputación da Coruña,
dorna,
embarcación tradicional,
Lajareu
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













