14/02/2006

Proxecto: A Xaimiña II

Como aquí fanse as cousas medio ó revés non teño máis remedio que seguir co proxecto da Xaimiña de forma desorganizada. Dábame Jaime o outro día a súa cámara con fotos do proxecto rematado. Sí, a Xaimiña xa é realidade. Xa van aló moitas táboas escachadas e nervios calmados cunha Estrella fría. Pero resulta que a cámara de Jamine é un misterio. Non quer soltar as fotos da dorniña completa. Pois eu non me rendín e de casualidade encontrei os primeiros retratos do proxecto que datan de novembro do 2003. Así que aquí tedes algo de táboas e barutas daquel tempo. Ata Jaime tiña outra pinta. Esto da recuperación de embarcacións tradicionais acaba con un.

PDR_0040

¿Como se lle pegan as táboas a esto?

PDR_0034

Non é o que parece. Pensaría un: Aí están o carpinteiro e mailo o can. Pero ¿cal deles é o carpinteiro?

Copia (2) de PDR_0007

Poesía daquel xeito. Táboas dunha dorna apiques de resucitar.

PDR_0019

E mais foi capaz. Peza a peza.

Proximamente: A obra de arte completa. Lembrade que a encontrou así.

Copia de PDR_0004

1 comentario:

  1. a uns dalle por facer puzles,a outros por coleccionar mecheros,pero facer maquetas a escala 1:1 só se lle ocurre a Xaime.

    ResponderEliminar