26 de xan. de 2010

LEUDI I GOZZI DI LIGURIA. A lingua franca

A primeira nova que teño dunha "lingua franca" do Mediterraneo débolla ao magnífico relato de Josep Pla "Contraban". http://fundaciojoseppla.cat/content/view/43/78/lang,es/ En Contrabando, o xenial escritor catalán conta a sua experiencia nunha viaxe en barca de vela latina entre Cadaqués e a Albufera de Salses, en Francia, para levar aceite e traer pezas de bicicleta de contrabando. Dous mariñeiros arranxan con Pla que lles acompañe facendo de "señorito" e simular que a viaxe é de recreo. O barco é o "Mestral", un quillado mallorquín de 20 cuartas que Plá fixera construir anos atrás e do que se tivera que desfacer. "Contrabando"é unha obra apaixoante que fala a navegación a vela latina na Costa
Brava no seu contexto real, e que conta moitas cousas máis, como o fermosa experiencia de asistir á construcción dunha embarcación de dimensións humanas nuha carpinteiría de ribeira tradicional entre o cheiro do serrín e brea. O nome de "Mestral" suxeriullo a Plá o seu gran amigo Victor Rahola: "É un nome bonito. O nome do vento máis sano. Persoalmente, cúrame de todos os males. O nome popular do N.N.O. e xeral en todo o Mediterraneo, é unha verba da LINGUA FRANCA. Chámase así en catalán e en castelán. Na lingua de Oc e en provenzal é "mistral". En italiano "maestrale". En grego moderno igual. Creo que nas linguas eslavas e en turco a verba é moi semellante".
Terminei de entender o que Rahola chamaba LINGUA FRANCA en Sestri Levante, na costa de Liguria, onde tiven a sorte de pasa un par de dias en Decembro, cando fun visitar a Filippo, meu amigo milanés. A familia de Filippo ten unha casiña en Sestri, no medio dos olivos e os limoeiros que dán limóns que saben a caramelo de limón e fan o mellor limoncello (licor de limón) do mundo. Da miña anterior visita a Sestri, hai ben anos, lembraba unha enorme barca de vela latina na praia. Así que, como comprenderedes, o primeiro que lle preguntei a Filippo foi por ese tipo de barcos. "Leudo", díxome que se chamaban ¿como laud, "llaut"? Pode ser. ¿Qué mais quere dicir leudo?: É un instrumento musical, como unha guitarra de mastro delgado e caixa en forma de media casca de ovo: laud!. Foi entón cando Filippo me suxeriu que podía ser unha verba da LINGUA FRANCA, a que falaban os mariñeiros en toda a mediterrania e que viña ser unha mistura de catalán e xenovés con verbas árabes e outras influenzas. ¿Podedes creelo? Unha cultura mariñeira común de todo o Mediterráneo expresada, como toda cultura, nunha lingua propia e común. "Gozzi" lle chaman en toda italia aos botes de casco en U e vela latina,
"gossi" en xenovés "gussi" ou "bussi" na Costa Brava catalana, e de ahí ven "busseta" en catalán, equivalente á "guzzetta" italiana. ¿Alguén dubida da orixe dunhas barcas de vela latina e casco en U, xeralizadas na primeira metade do século XX en toda a costa galega que por aquí chamamos "busetas"?. A idea dunha cultura mariñeira común cunha lingua común e mestiza empezou a tomar forma no meu imaxinario persoal, admiroume tamén a sua capacidade de transferencia a rexións distantes por mor das relacións económicas o os fluxos humáns. Pero o que xa me emocionou completamente foi o libro que Filippo me trouxo despois de buscar e rebuscar: "Leudi de Liguria" de Giovanni Panella. Ao dia seguinte fomos visitar o "leudo" da Praia de Sestri, que podedes ver nas fotos. Axiña tiven ocasión de mercar un exemplar de "Leudi de Liguria" no museo Gálata das navegacións de Xénova, e outro de "Gozzi de Liguria" do mesmo autor, e non preciso decir de disfrutei como un anano devorándome os dous. Así puiden saber que, sen buscalo, fora parar á capital dos laudes. As praias de Sestri Levante e da veciña Riva Trigoso, acolleran noutro tempo a meirande frota destas embarcacións mercantes. É impresionante ver a foto antiga da praia de Sestri inzada de leudi, coas suas magníficas antenas. No "mundo sen portos" que foi durante séculos o mundo enteiro, nas rexións de grandes areais, os barcos fixéronse sen quillas pronunciadas, con cascos en U para poder ser izados ás praias. A vela latina parece ter a sua orixe no Índico, e ainda que xa se coñecía no Mediterraneo en tempos dos romanos, a sua xerealización por todo o Mediterraneo coincide coa hexemonía do imperio otomano. O éxito da vela latina neste mar, conta Panella, reside na capacidade da antena longa e flexible, para descargar áxilmente os refachos repentinos e violentos que mete o vento de alá, e na capacidade de navegar á mala, tan útil ante os frecuentes cambios bruscos de dirección do vento. Os leudi levaron viño, queixo e outras mercadorías pola costa italiana e Córcega, Cerdeña, Baleares e Cataluña, e, como os nosos galeóns, sobreviviron ata os anos 5o do século XX levando area e materiais de construcción gracias ao seu coste de xestión contido. Panella cóntanos no seu libro a historia particular de cada ún dos escasos leudi que chegaron aos nosos dias, comezando polo Nuovo Aiuto de Dio construido no 1924, que se pode contemplar, en seco, na praia de Sestri Levante. A similitude ou identidade destes laudes cos cataláns é tan evidente que un medio-aficionadillo a esta cousas (quen escrebe) non é quen de encontrar a diferenza; como podedes ver comparando o Nuovo Aiuto co magnífico "Sant Isidre" de Cadaqués, que recibiu a visita da dorna "Tamariua" este verán http://lajareu.blogspot.com/2009/09/tamariua.html.
Dos libros de Panella resultoume tamén moi curioso ver como en Liguria chama "pareggia" aos leudi que levan vela de mesana, cando en Cataluña exitía un tipo de "barques de mitjana" que se construian de duas en duass, xemelgas exactas, para arrastrar en paralelo o aparello de "bou". Estas barcas, de extraordinaria similitude coa "pareggia" italiana, chamábanse, de duas en duas "la parella del bou"
Gozzi non vin moitos desta vez. Os da praia de Sestri estaba cubertos con lonas esperando a chegada do verán. Gozzi hainos por toda a costa italiana. Xa falei dos de Sicilia e as illas Eolias nunha entrada anterior a raiz dunha das viaxes máis bonitas que se podan facer http://lajareu.blogspot.com/2007/10/por-eses-mares-de-dios.html. Veñen sendo, coas suas múltiples variedades rexionáis e locais, os equivalenes dos botes de vela latina cataláns, e, segundo a eslora, das suas (e nosas) busetas. Na liguria hai varias tipoloxías diferenciadas principalmente polo lanzamento da proa: lanzada "á catalana", recta, e a máis singular e característica de liguria, a proa retraida ou contra-lanzada dos gozzi chamados"cornigiotti". A obra de Panella "Gozzi di Liguria" ten un enfoque ecléctico, "interdisciplinar" -que dirían hoxe-, e fala dos gozzi, as suas tipoloxías, orixes, usos (pesca, portuario, regatas de vela e remo) e conta n bo feixe de hostorias heróicas de salvamentos ou mesmo de actuacións da resistencia antifascista na Guerra Mundial protagonizadas por estas embarcaciós. A verdade é que é un gusto leelo.

Como vos dixen, non tiven moita ocasión de ver os gozzi no mar, pero finalmente puiden velos, incluidos os peculiares "cornigiotti" no Museo Gálata do Mar e das Navegacións de Xénova http://www.galatamuseodelmare.it/jsp/index.jsp.
Construído sobre una antiquísimo asteleiro, no Galáta podese observar a reconstrucción dunha galera de combate das que se fixeron alí, e numerosos modelos da época. Ten tamén sua colección de maquetas e conta cunha excelente recreación dunha carintería de ribeira na que se construe a enramada dun leudo. Hai tamén un cornigiotto perfectamente aparellado de latina, e outro de pesca, dos anos sesenta, a motor, co seu "petromax". Pero o que máis me chamou a atención do Galata foi a excelente reconstrucción das diferentes estancias interiores dun barco de pasaxe a América dos anos 20, dos que transportaron aos miles de emigrantes italianos que, igual que os galegos, foron buscar a vida ao outro lado do mundo. A recreación é dun enorme realismo e coincide co que se pode apreciar na fermosísima película "The golden door" de Emanuele Crialese (Nuovomondo 2006) http://www.imdb.com/title/tt0465188/, que vos recomendo vivamente. Entre eses emigrantes italianos das primerias décadas do século XX, ían os mariñeiros que chegaron a establecer no porto de San Francisco (U.S.A) a flota de 150 barcas de pesca das que fala Joan Sol en duas magníficas entradas do seu blog: http://elmareselcami.blogspot.com/2010/01/un-patrimoni-maritim-sense-fronteres.html1/un-patrimoni-maritim-sense-fronteres.html . Coas suas velas latinas navegaban con axilidade excepcional aquela badía, evacuando os frecuente refachos de vento daquel mar coa flexibilidade das suas airosas antenas, as 150 felucce... falua, falutx, faluchos, en LINGUA FRANCA .

5 de xan. de 2010

TRATAMENTO

Ola outra vez compañeiros, e para empezar o ano retomamos a cuestión de sumo interés do tratamento das dornas.
Como xa sabedes, nos útimos anos moitos compañeiros viñeron experimentando con novos tratamentos de madeira para o coidado das dornas e otras embarcacións tradicionáis. Maravillados ante a innegable fermosura da cor natural da madeira, moitos probaron -ou probamos- con tratamentos de madeira para exteriores tipo LASUR, como o Xilacel e outros, que permiten ver a beta e a cor clariña da madeira virxe, e ofrecen boas cualides contra radiación solar e a comodidade de non ter que lixalos á hora de dar unha nova man. O feito de guardarmos as dornas en terra e a cubert0, e de sacalas nada máis que para as regatas ou as saidas, fíxonos crer que estes tratamentos funcionaban ben e as dornas se consevaban así en perfecto estado e sempre novas.
Desgraciadamente tratábase dunha ilusión.
Nestas fotos vese o estado da regala e a taboa de cubrir da Ardentía despois de permanecer unhas semanas amarrada ou fondeada.
A Ardentía é unha dorna nova: ha de ter cinco anos, e os seu armador, José María, deulle un tratamento e un coidado exquisitos; pero, como tantos outros, optou por non darlle alquitrán ao exterior do casco, aplicando directamente sobre a madeira varias mans de Lasur, A dorna estaba preciosa mentres se gardou no galpón, pero despois de tela un tempo fondeada, e chover por ela, comezou a aflorarlle o mourón por baixo do lasur, como inicio dun proceso de apodrecemento da madeira.
No extremo contrario podémosvos contar que no Lajareu rascamos unha dorniña de máis de 70 anos dun mariñeiro, que pasara a sua vida fondeada e só se tratara con alquitrán (moitas capas de alquitrán) e pintura Titán por riba no exterior do caso: ao levantarelle o tratamento todo apareceu por baixo una madeira tan fina clariña e lozana coma o dia en que o carpinteiro calvou aquelas táboas.
Tal como falamos nunha entrada anterior, o tratamento tradicional da madeira con alquitrán de brea nutre naturalmente a madeira co seu propio aceite protexéndoa e manténdoa viva; e permite os proceso naturais de absorción (hinchado) e expulsión (secado) da auga; así como a contracción e dilatación da madeira por mor das variacións térmicas. O alquitrán é flexible, e altera solidifícase ou licuase en función da temperatura: enche os poros e penetra na mandeira cado esta abre pola calor, e sae de novo á superficie cando a madeira cerra os seus poros folo frio.
A capa impermeable que proporcionan o lasur e outros tratamentos como o epoxi e diversos barnices, impídelle á madeira respirar ou evacuar a auga que entrou pola outra cara. Así que a auga queda dentro e termina por apodrecer a madeira.

Peor ainda se presenta a opción de impermeabilizar complemente a dorna por dentro e por fora mediante lasures, epoxi ou enfibrado. Os procesos de expansión e contraccion da madeira rematan por quebrar o capa de tratamento nas xuntas, e por calquera microfisura ou microporo entra auga; mesmo por ósmose ou condensación, a auga pasa ao interior da capa impermable aloxándose estre esta e a madeira, e o proceso de aprodecemento e inmediato.

Por eso dende o Lajareu reiteramos a recomendación de tratar as embarcacións tradicionáis de madeira de piñeiro con alquitrán de brea, coa sua propia esencia. Ademáis de ser un tratamento tradicional, que mantén vivo o acerbo cultural mariñeiro, tense demostrado como o mellor medio de manter viva a propia madeira da dorna. O alquitrán pódese diluir con aceite vexetal como a linaza (sen secante) que facilita a sua aplicación e prolonga o proceso de secado favorecendo unha mellor absorción pola madeira. É convinte darlle varias mans, navegando con ela para que o mar elimine o sobrante antes de aplicar unha nova capa, como facía a Paisana cando lle quitaron esta foto.
Finalmente, un esmalte para barcos de madeira, como o típico Titán Pesqueros, aplicado sobre as varias mans de alquitrán, proporciona unha capa transpirable e permeable que permite os procesos indicados e á vez protexe o alquitrán da erosión e a abrasión do mar.
Resta por dicir, e isto xa é unha opinión persoal, que a dorna pintada, sobre todo nas cores tradicionáis, en nigún caso perde a sua beleza. Ao contrario: no mar e na distancia, a cintiña ,o folio e a obra viva brancas, sobre o negro da obra morta, definen moito mellor as formas da dorna, e teñen o sabor e a beleza do propiamamente tradicional, mentres que, nas de cor madeira, a cinta e o folio non destacan na distacia e a forma desdibúxase.
A madeira barnizada é moi bonita, pero xa podemos disfrutar dela en mesas e sillas e todo tipo de mobles, ou en chans e teitos das casas, pero unha dorna non é un moble rústico, é unha embarcación tradicional, preciosa en sí mesma... para moitos a máis bonita que existe...