Noso amigo Miguel é todo iniciativa. Igual algún se lembra do Arredemo. ese botiño das rias Altas que mercara, arranxara e aparellara para latina. Estivera no Lajareu medindo o pao e facendo probas para envergar
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEigwKRwIc5Rrj0Y-FyxoVwzDqHtwCuuZ6Q8ULXni_CjJKRzKwyy1FHuWMLMo5vVy9Wy43o3rH46p5tdg0UBXJGDVOp5Rr92ja2PFZ9jalaKAIMIpjHGira00jyZ2sAiX__WNj7oAg/s320/arredemoNaberia.jpg)
a vela na
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjtPLAqrRFW52w1P3_EQcpD89vD2cpGJKoyhaZeY_lnqQm7zVqN6SnaZoX-wP41-NwRS6ZrmNZ3DxpNQExk-arWhi9ylNbIldZJlVv0Ct5DG5mOKHoNUQjSmbPQnehuEVfN-9q-sg/s320/miguel.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjH8oja1F79zrArMJ2Z4SsDSP2J8lt8D1i_UYEcHYKwW6LNi0GJQkDIpx9V5FEG24awG9XbzOqFOXltxBM7aJpyd70JrtN_YHanrJgA4uex0v1V-oJNBCOKay4eDidwxmnliTBTpw/s320/caldo.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgAuvSD1UjrsJ8fPG1-E4NlA5oJUINJzipWphvJyl7F_8-tifjf8egR-j1RTYB4O0HUOvJkE9tcQzhT1g57Q2fXPd2wzpCyTJXZjNzXqnmoXJ_O3ZtX9DLQEXCDusIaCMp2To8ipQ/s320/nos.jpg)
entena. Miguel namorouse das embarcacións tradicionais da nosa man. O día que pasou a Marola na Moura, rumbo aos encontros de Ferrol decidiu que tiña que ir a Brest patroneando a sua propia embarcación. Mercou o bote en Sada e coas suas mans botoulle cuberta nova, temón, cana, entena, cornamusas, calculoulle a veliña...todo. A sua botadura en Sada converteuse nun acontecemento no mundo das embarcacións tradionáis nas Rías Altas, e ahí foi Miguel a Brest co seu Arredemo a remolque.
Pero Miguel é todo iniciativa. E agora esta promovendo a creación dunha sección de navegación tradicional no seo da Escola Municipal de Vela Lixeira de Sada, donde aprendera él a velear. E para eso acaba de botar a andar un curso de introducción á navegación tradicional que se presentou sábado.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhw-54_YCOUH_kkMSbDky5VpNAoULmS4vWTamb776nwoh17JIgNTa1ELyK24fVUnd3C38fjDnyrio1hPPHi6enMcyUg1ksK-fT83-3_6Z7FFDmZyDDK0w4yNuNYn3YA7Gi5blrO8w/s320/invento1.jpg)
A presentación do curso foi unha gozada. Pese ás inclemencias do tempo, congregámonos un par de duecias de interesados e amigos para ver dous videos introductorios e compartir unha cea tradicional a base de caldo, chourizo e uns postres impresionantes feitos por Ana. Entre eles unhas pastiñas de té esquisitas coa fasquía de Arredemiños e dornñas... Unha pasada!
Miguel non se anda con caralladas. E xa sábado repartiu entre os interesados un dosier en CD con material didáctico, historia, tipoloxías... O curso terá contidos teóricos e prácticos. Eso que vedes ahí é un invento do propio Miguel para explicarlle aos alumnos como incide o vento na vela nos diferentes rumbos. A maquetiña do arredemo preséntase sobre n listón que xira nun eixo sobre outro. O listón inferior ten nun extremo un ventilador instalado. E todo esto sobre a carta da Ría de Sada... Un flipe!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEihvnKQX0HrDJnwNBGwBHEevXHKFtrrv09CPXXqaB_CSRPtIij9ZowZ4Knt-gwHuXYNxwNhd4lVA1n760hXxVwZdgVi8S1kcZbPyVaXJgcpnvY_TUccFFGjYuKUI4myz-vTPSy4xQ/s320/invento3.jpg)
Para as clases prácticas Miguel conta co seu Arredemo e coa colaboración de distintas Asociacións que visitará co seu grupiño de alumnos en fins de semana ao longo do ano, para coñecer e iniciarse na arte de levar unhas embarcacións e outras. Por suposto están invitados a vir a Riveira e velear nas nosas dornas. Conto con vos para disfrutar con eles desta iniciativa.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgIJ99CTrQ3DhB8rcFElcW-grclT8BtDJB7H3_LOqwNrvqaUMXNUOkJNI5dSvNuM4dV_PuWu0KWoMTwoR78pHgKPxAOJLzoUCT0QfhjrgrAUV5JEjmPEFyGQc70XoPPxMvgM5X-jA/s320/invento2.jpg)
Daquí a Xullo Miguel conta con ter un grupiño de afeccioados a esta cousa nosa das embarcación de verdade, de coñecer á xentiña de aquí e acolá, e ir a Muros a disfrutar intensamente, e con coñecemento de causa, dunha experiencia tan preciosa como vai ser.
Creando afición. Creando escola... Adiante, Miguel, e bos ventos nesta sigradura marabillosa.