27 de set. de 2016

FOTOS DA TRAVESSIA E HOMENAGENS

Fotos e algum vídeo da travessia a Palmeira e as homenagens a Domingos Ayaso, Alberto Bermo e Xosé Bermo:



Fotos Elio Rozada


Álbum aberto do clube



Video resumo

1 de set. de 2016

TRAVESÍA A PALMEIRA - HOMENAXE A DOMINGOS, ALBERTO E O AMERICANO

O clube Lajareu por Barlovento, xunto a R.e I. Cofradía da Dorna, organizamos para este sábado día 3 de setembro unha xuntanza de embarcacións e travesía na que faremos unha homenaxe ao carpinteiro de ribeira, mestre dorneiro, Domingos Ayaso Oujo, co gallo da sua xubiliación, e pola súa traxectoria e selo na construción destas senlleiras embarcacións.

Así mesmo,  tamén teremos unha lembranza para o noso querido compañeiro e amigo recentemente falecido, Alberto Romero Bermo; e para Xosé Bermo, "o Americano", membro destacado do clube e mestre de mestres na navegación e cultura da dorna, que também nos deixou hai escasos anos.

Gostariamos de contar coa participación de todas as asociacións, clubes, e persoas interesadas, sendo o programa o seguinte:

Ás 11:00 da mañá reuniranse todas as embarcacións na zona do náutico de Ribeira, a carón do galpón do Lajareu para pormos proa a Palmeira e desembarcar no histórico porto para tomar um refresco.

Ás 14.30 horas, de volta no galpón do Lajareu, rendiranse as homenaxes programadas, e faremos un xantar para pasar unha tarde de convivio mariñeiro.