26 de maio de 2008

Calendario de Regatas e Encontros do Verán

Ola a todos mariñeiros:
Finalizou exitosamente a nosa Regata de Primavera. Tivemos de todo: ventos bos e ruíns, duros, mallados, e calmas, maruxías, correntes, sol nubes e choiva, bordos bos e quillas ao sol, pero sobre todo deportividade, compañeirismo, mariñeiría e un nivel deportivo cada vez máis alto e equlibrado entre os participantes. E falando de particpantes, ahí vos poño una foto do nos compañeiro máis mariñeiro que mesmo levou polo aire á mesmísima "Lusiña" (así calquera anda).
Agora entra o verán e con él as tradicionáis citas deportivas de todos os anos, encontros e festas mariñeiras varias. Noso Marcos (unha aperta desde aquí) fíxonos o traballo de ordearlo todo, destacando en letra grande as regatas que organiza o Lajareu. Facervos a composición de lugar (e tempo) e non me faltar (podendo) Iremos falando no galpón para planificar os desplazamentos pola Ría:


Evento

Inicio

Remate

Maio

Dia das Letras. Inicio da temporada. Illa de Arousa

17 Maio 2008 - 12:00

17 Maio 2008 - 20:00

XIV Feria del pescado. Bermeo

23 Maio 2008 - 11:00

25 Maio 2008 - 20:05

Xuño

IV Regata Fasquía (Trofeo Galicia)

7 Xuñ 2008 - 16:00

7 Xuñ 2008 - 20:10

IV Regata Area Seba

14 Xuñ 2008 - 16:00

14 Xuñ 2008 - 20:00

II Encontro de Embarcações Tradicionais de Viana do Castelo

20 Xuñ 2008 - 12:00

22 Xuñ 2008 - 12:00

VI Encontro de Embarcações Tradicionais de Vila do Conde

20 Xuñ 2008 - 16:00

22 Xuñ 2008 - 20:00

I Regata de Portonovo

21 Xuñ 2008 - 16:00

21 Xuñ 2008 - 20:00

XXIV Volta á Illa

28 Xuñ 2008 - 16:00

28 Xuñ 2008 - 20:00

Xullo

II Festa de la Mar. L'Ametlla de Mar.

3 Xull 2008 - 12:00

6 Xul 2008 - 12:00

Brest 2008. Fête maritime internationale

11 Xull 2008 - 10:00

17 Xul 2008 - 10:00

REGATA DA DORNA

19 Xull 2008


VI Regata de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes

19 Xull 2008 - 12:00

20 Xul 2008 - 12:00

Festa do Rio. Monforte

26 Xull 2008 - 10:00

27 Xul 2008 - 22:00

XII Regata dos Faros (Trofeo Galicia)

26 Xull 2008 - 16:00

26 Xul 2008 - 20:00

Agosto

XX Regata do Bao (Trofeo Galicia)

2 Ago 2008 - 16:00

2 Ago 2008 - 20:00

Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Meira, Moaña

9 Ago 2008 - 10:00

10 Ago 2008 - 23:00

IX Regata do Albariño (Trofeo Galicia)

9 Ago 2008 - 16:00

9 Ago 2008 - 20:00

Festa do mar. Combarro

22 Ago 2008 - 10:00

24 Ago 2008 - 23:00

XII Encontro de Embarcacións Tradicionais. Bueu

22 Ago 2008 - 12:00

24 Ago 2008 - 20:00

Festa do Mar. Combarro

22 Ago 2008 - 12:00

24 Ago 2008 - 20:00

II Regata Calmoseira

23 Ago 2008 - 16:00

23 Ago 2008 - 20:00

Regata e Xuntanza en Vilaxoan

30 Ago 2008 - 16:00

30 Ago 2008 - 20:00

Setembro

Xuntanza de Embarcacións Tradicionais. Vila de Bouzas

5 Set 2008 - 16:00

7 Set 2008 - 23:00

VOLTA A RÚA-PALMEIRA

6 Set 2008


Outubro

Regata do Marisco

11 Out 2008 - 16:00

11 Out 2008 - 20:00

12 de maio de 2008

A Regata de Primavera está que arde


A falta da última proba o primeiro posto parece estar xa en mans da Áncora de Adelino e Agustín, pero o resto da flota está dando a batalla e o segundo e terceiro postos non se decidirán ata a derradeira proba, que terá lugar o próximo dia 24 de maio.
No entanto a Regata de Primavera tennos deixado imaxes tan fermosas como esta
da Terceira proba, coas dornas en popa redonda coa proa cara á punta Sur de Rua.

O pasado sábado celebrouse unha espectacular cuarta proba, con vento duro de Noroeste. A regata resultou tan intensa como accidentada: duas dornas deron quilla arriba e moitas houberon de coser un rizo. A vela propia adoptada polo Lajareu, que admite o pao nas tres picas, demostrou
a sua seguridade e efectividade con ventos duros. Gañou a proba a Áncora cun amplo marxe, e a loita librouse para o segundo e terceiro postos entre a Moura dun servidor e Marcos Buide e a Cachi dos irmaos Suarez. Despois dunha competidísima loita terminou por impoñerse a Moura na última bolina co típico vento de San Alberte, tremendamente inestable en intensidade e dirección.
Así que me permitiredes a inmodestia de colgar a única foto que fixemos da regata antes de se agotar as baerías da cámara.
A Moura cruzou a liña de saida co pao a proa, un rizo cosido e o estrinque cazado (como se ve na foto). Mantivo o ritmo da flota na empopada cara as Eiroas e superou ás que tiña pola proa (excepto a Áncora) cando houbo que bolinar e os que levaban todo o trapo non aguantaron a escora. Pódese decir que gañou a prudencia. Noraboa a todos os que participamos nesta magnífica regata e unha aperta aos que puxeron a quilla ao sol e moi especialmente aos mariñeiros da Vikinga, que renunciaron por auxiliar aos compañeiros que lles volcaron na proa.
Vémonos na próxima. Bo vento e sorte para todos.