Xa vai unha semana dende que se celebrara a nosa primeira regata da temporada, e temos esquecido este o noso blog. Foi unha regata moi importante, non solo por ser a primeira, mais tamén porque nela estabamos a estrear a nosa nova vela axustada ó deseño tradicional.
Os que a tiñan probada dixeran que a vela era boa, pero os que a estreabamos por primeira vez tíñamos medo. A vella vela era máis grande e nós estabamos xa afeitos a ela. Agora non tiñamos nin idea de como ía a traballar. Por riba de todo, o vento non acompañaba demasiado. Sopraba unha brisiña suave do nordés.
Os nosos medos quedaron superados rapidamente. A pesar da escasa velocidade do vento, a vela tiña potencia de abondo. E coido que todos quedaramos contentos ca experiencia. Os comentarios foran moi satisfactorios á volta da regata.
O que alí aconteceu podedes lelo na Voz de Galicia, en Masmar e en Prensa das Rías.
E esta tarde, ás catro, temos a nosa segunda regata. Parece que imos ter un vento moi similar ó de fai quince días segundo as previsións. ¡Non importa! Seguro que imos gozar de novo.
Agradeceríamos que alguén trouxese unha cámara fotográfica ou vídeo para deixar constancia do evento e poder ver como locen as novas velas.