05/03/2007

Regulamento de relacións entre os distintos clubs, asociacións e agrupacións de regatistas en referencia a clase “Dorna”




Regulamento de relacións entre os distintos clubs, asociacións e agrupacións de regatistas en referencia a clase “Dorna”

O presente regulamento ten por obxecto que as representacións dos distintos clubs, asociacións e agrupacións de regatistas teñan un maior carácter democrático para a toma de acordos, decisións, actuacións, calendario, etcétera nos que participen os representantes da clase “Dorna”, e o mesmo tempo sirva tamén como incentivo de crecemento dos distintos clubs, asociacións, e agrupacións de deportistas.

Artigo 1

Establécese un sistema de voto ponderado, onde cada club, asociación ou agrupación de regatistas terá un número de votos en función das súas dornas participantes e cos seus correspondentes tripulantes debidamente federados.

Artigo 2

Establecerase un censo de regatistas de clase, onde para ser incluído en dito censo, cada dorna terá que haber participado ó menos en dúas regatas do “Calendario oficial de regatas da Federación Galega de Vela”. Estas dúas regatas deberán ser organizadas polo club ou asociación distinta a que pertence a dorna.

Artigo 3

O censo establecerase polos distintos representantes nunha reunión celebrada anualmente, o secretario da clase “Dorna” aportará a documentación das distintas regatas que os distintos clubs ou asociacións remitan a Federación Galega de Vela sobre as súas regatas celebradas no ano anterior. O secretario de clase actuará como secretario da reunión, levantando acta firmada polos distintos representantes, despois das deliberacións levadas a cabo na antedita reunión.

Artigo 4

Os votos establécense da seguinte maneira:

- As primeiras dúas: 1 voto

- As seguintes tres dornas: 1 voto

- As seguintes catro dornas: 1 voto

- As seguintes cinco dornas: 1 voto, e así sucesivamente

Artigo 5

En ningún caso un club, asociación ou agrupación de regatistas aínda que teña maioría absoluta non será vinculante para a toma de acordos, si ó menos non conta co apoio doutro club, asociación ou agrupación de regatistas.

Se aproba o presente regulamento na reunión celebrada na A.C.D. Dorna da Illa de Arousa en fecha de vintenove de outubro de 2.000. Asisten os representantes dos clubs e asociacións seguintes:

- A.C.D. Dorna – Felipe Vázquez Abal

- A.C. Lajareu Adelino Formoso Dosil

- C.N. Illa de Arousa – José Antonio Dorado Outeda

- A.D.C. Rabandeira – José Luis Iglesias García

[Seguen as firmas e DNI de todos eles]

Ningún comentario:

Publicar un comentario