27 de abr. de 2025

REGATA DE PRIMAVERA - 3ª PROVA

Transcribimos  de seguido a crónica da terceira proba que se celebrou onte, segundo o testemuño oral de Juan Fontaiña indo ao teste da Xaimiña.


Comeso polo percorrido, que foi saída en Coroso, boia de desmarque na praia por babor, Airoas babor, Camouco babor e para dentro meta en Coroso.


Sobre as fotos... o día non estaba para faser moitas fotos, estábache un dia sorro, que se di. Na praia de Coroso refachóns constantes… había que andar finos para non virar quilla arriba. Estivo ben!


A Josefa fíxoo moi ben. Saimos coa empopada, do porto para o Touro, que foi o vídeo que ghrabín [anexo], con moito coidado, que andaba forte a cousa, aínda sendo a empopada... De feito á altura do Touro, a nosa dorna [a Xaimiña] e alghunha mais ao entrar o refacho… puxémolas... pero a tope!!! Iamos nós, a Ardentía e a Josefa. A partir das Airoas foi onde a Josefa foi querendo marcar a singhradura, e foise impoñendo.  


Depois cara o Camouco foi algho duro, que tiñamos moito mar tamén. e vamos... que nos entraba o salseiro e a augha polo corredor a todos!!


Do Camouco para dentro aínda iamos nós  [a Xaimiña] primeiros. O Jaime despois de dar o bordo do sinal, colleu un pouco máis aberto o rumo metendo na enchama de fóra, en ves de bolinar moito e iamos andando máis ca eles [a Josefa], claro. Mais ao darmos a virada, xa vimos que estabamos máis lonxe e que nos adiantaran… Aí foi onde meteramos a soca, ahahaha…  E nada… que estivo super ben! 


Impúxose a Josefa, e hai que felisitar aos compañeiros da Arousa, o Geno e o Carterola, que estaban felises, que en 35 anos que ten esa dorna era a primeira vitoria (polo menos "ofisial"... de teren que traballala). Isto foi umha selebrasión. Estivo moi ben!


En resumo, que foi unha reghata un pouquiño exixente. Ao levarmos a vela enteira houbo que faser algho de banda. As dúas provas anteriores foram máis de paseo e esta foi un pouquiño máis seria. Mesmo a Teis dou quilla arriba. E ao haber vento de abondo cheghamos todas as dornas á xunta, non se demorou nada. Coma Vespinos fomos entrando!! ahahaha!!  Estivo moi entretido. 


E preparados para a seghinte!!



CLASIFICACIÓN:

  1. Josefa
  2. Xaimiña
  3. Ardentía
  4. Zoa
  5. Papoula
  6. Praia Bandorrío
  7. Cortegada
  8. Teis (DNF)


12 de abr. de 2025

REGATA DE PRIMAVERA - 2ª PROVA

 

Paso polo Camouco na segunda volta

Este sábado disfrutamos da segunda proba da Regata de Primavera cun día cuberto, con ameaza de choiva e co vento xustiño para sair a nevegar.

Sete dornas para un percorrido curto ao que lle dimos duas voltas, con vento de suroeste e 12 nos saimos proa á boia de desmarque na praia, Lajareu, Camouco, Lajareu, Camouco, momento no que rolou o vento a noroeste, o noso habitual San Alberte, e tivemos que bolinar para a chegada en Coroso.


Toda a xornada estiveron os catro de cabeza xuntiños marcándose entre eles e non se decidiu ata o último bordo onde se impuxo a Zoa de Charli e Carlos, a clasificación foia seguinte:

  1.  Zoa
  2. Josefa
  3. Xaimiña
  4. Carmen
  5. Teis
  6. Moura
  7. Cortegada
Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada.

Álbum de fotos da xornada





2 de abr. de 2025

REGATA DE PRIMAVERA - 1ª PROVA

Passo polo sinal do Lajareu

O passado sábado dia 29 de Março iniciamos no Lajareu por Barlovento a temporada de regatas de Primavera. Com um vento de força 4 de direcçom Nordeste que foi rolando a Norte e ondas de 0'5 metros, tomárom a saída oito dornas numhas condiçons ideais para a navegaçom.

O percurso de duas voltas a um circuito de regata estava formado por umha boia de desmarque para a primeira volta, o faro do Lajareu e a Ilha dos Ratos.


Dornas ao mar! começam as regatas.

A clasificaçom foi a seguinte:

  1. Ardentia
  2. Xaimiña
  3. Zoa
  4. Josefa
  5. Tixosa
  6. Cortegada
  7. Lobeira
  8. Moura.


A Ardentia, depois dumha saída um tanto azarosa, conseguiu remontar e alçar-se com a victória nesta primeira prova.


A Ardentia, vencedora da prova, no bordo de bolina cara os Ratos


Agradecemos a participaçom dos companheiros da Josefa, do clube Dorneiros Regateiros, e aproveitamos para convidar mais umha vez outras dornas que queram participar.

A segunda prova está prevista para o 12 de Abril.


ÁLBUM DE FOTOS


Álbum de fotos da jornada


Crónica: Xosé Cadaveira (Moura)
Fotos: Juana Parada (terra), Blanca Carballal (terra), Santi Moroño (Moura), Marcos Buide (Lobeira)