Amosando publicacións coa etiqueta Regatas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Regatas. Amosar todas as publicacións

31 de maio de 2007

Calendario de Regatas de Dornas a Vela


Ollo, segundo avisounos Suso, tíñamos un erro no noso calendario, xa que os do Fasquía cambiaran a súa regata para o día 9. A REGATA FASQUÍA NON É PARA O VINDEIRO SÁBADO.

Hoxe o vimos tamén na edición de Arousa de La Voz de Galicia: "Fasquía espera superar o medio cento de dornas no seu trofeo. A proba disputarase o día 9 de xuño e sairá do peirao do Xufre ás catro da tarde. A asociación da Illa tamén estará presente nos Encontros de Embarcaciáns Tradicionais"

Máis abaixo pódese ver o calendario, pero tamén podedes verlo aquí. Se queredes, tamén pódense ver outras actividades da FGCMF como encontros etc. Para iso só tedes que picar en cal xeral.

Se alguén quere apuntarse a algunha das actividades organizadas ca Federación deberá poñerse en contacto ben con nós en lajareu[arroba]gmail.com ou ainda mellor na FGCMF.

Por certo avísannos da FGCMC do seguinte:

Pregamos lle fagades a maxima distribución entre os asociados, AS SAIDAS O EXTERIOR: PORTUGAL, CATALUÑA OU FRANCIA, teñen "bonificación", consideránse como promoción do VIII Encontro e nesa medida ou ben se organiza un transporte colectivo (trailer, como Cadques o Malaga) si fora preciso, que pagaría a FGCMF ou de non darse este caso veríase de pagarlle os que se desplacen os gastos de Kmetraxe, como xa se fixo cando foi do encontro de Cambados.

Lembrar que para o Encontro de Ferrol para embarcacións significativas ou de interés (como minimo) organizaránse transportes para subir (e baixar) a Ferrol, paga o VIII Encontro. Podedes ir dando conta do voso interés para trazar os puntos de carga e descarga. Lembrade que como motivo de celebrarse o Encontro en Coruña unha semán antes, veríamos a conveniencia de levalas primeiro a Coruña, lóxicamente co consentimento do armador.

30 de maio de 2007

Resultados da X Regata de Primavera de Dornas a Vela


Xa podedes ver no Internet os resultados do X Campionato de Dornas a Vela Lajareu por barlovento do ano 2007, que como sabedes gañou a Volandeira con Victor Rincón e José Antonio Alvarez.

29 de maio de 2007

Fotos da quinta regata do X Campionato de Primavera



Xa temos subidas ó web as fotos da última regata do "X Campionado de Primavera de Dornas a Vela Lajareu por Barlovento" do ano 2007. As podedes ver como unha presentación de diapositiva ou cos detalles e comentarios. Son moitas así que tede paciencia.

Na foto, os brillantes campións e tripulantes da Volandeira amosan o seu trofeo.

10 de maio de 2007

Clasificación do X Campionato de Primavera


Poden vostedes ver a clasificación do campionato nesta folla de cálculo.

Como ven a cousa está decidida no primeiro posto, pero os trofeos que ven a continuación haberán de disputarse na derradeira regata do campionato.

Tenme que perdoar pola foto, pero non digan que non temos un bo fotógrafo (ademais de xuíz) que ata se permite facer fotos aéreas.

19 de abr. de 2007

A terceira regata de primavera do 2007 na prensa


La Voz de Galicia: "La Volandeira tiene a tiro el título tras su tercera victoria

Dominó la regata pese a que protagonizó una pésima salida

La Papoula plantó una dura batalla en el tramo decisivo, pero marró en la última maniobra"

Masmar.com: Volandeira: Tres de Tres: "TERCERA PRUEBA DEL X CAMPEONATO DE PRIMAVERA DE DORNAS A VELA"

Volandeira: Tres de Tres"

18 de abr. de 2007

Terceira Regata Primavera de Dornas a Vela 2007




Xa temos subidas ó Flickr as fotos da Terceira Regata Primavera de Dornas a Vela 2007.

Podesé ver o detalle con algún comentario do que ocurrió na regata, e tamén pódese ver unha presentación de diapositivas das dornas.

12 de abr. de 2007

A Volandeira vai que voa


Pois xa se celebrou a segunda regata de dornas a vela do campionato de primavera, e a Volandeira volveu a gañar. Eu, humilde tripulante da Jolfiña, chejei a meta pero no último posto. E iso que pensabamos que íamos gañar. Mais, se a flota vai toda nunha dirección, entón o que vai só e por libre, está a equivocarse. Pero nós, non damos aprendido. E iso vai con todo na vida. Un non pode ir nunca afastado do resto da flota. De seguro que está a equivocarse.
Pero vexan o que aconteceu na segunda regata. Vieiros cóntao de marabilla. Tamén aparece na Voz de Galicia, e Masmar.

24 de mar. de 2007

Primeira regata de primavera


Xa vai unha semana dende que se celebrara a nosa primeira regata da temporada, e temos esquecido este o noso blog. Foi unha regata moi importante, non solo por ser a primeira, mais tamén porque nela estabamos a estrear a nosa nova vela axustada ó deseño tradicional.

Os que a tiñan probada dixeran que a vela era boa, pero os que a estreabamos por primeira vez tíñamos medo. A vella vela era máis grande e nós estabamos xa afeitos a ela. Agora non tiñamos nin idea de como ía a traballar. Por riba de todo, o vento non acompañaba demasiado. Sopraba unha brisiña suave do nordés.

Os nosos medos quedaron superados rapidamente. A pesar da escasa velocidade do vento, a vela tiña potencia de abondo. E coido que todos quedaramos contentos ca experiencia. Os comentarios foran moi satisfactorios á volta da regata.

O que alí aconteceu podedes lelo na Voz de Galicia, en Masmar e en Prensa das Rías.

E esta tarde, ás catro, temos a nosa segunda regata. Parece que imos ter un vento moi similar ó de fai quince días segundo as previsións. ¡Non importa! Seguro que imos gozar de novo.

Agradeceríamos que alguén trouxese unha cámara fotográfica ou vídeo para deixar constancia do evento e poder ver como locen as novas velas.