Ola a todos, esta é a convocatoria da XII Regata da Dorna que se celebrará este verán. Logo do parentesis que tivemos o ano pasado voltase a poñer en xogo a Dorna de Prata o día 25 de xullo.
23 de xuño de 2009
Regatas de verán do Lajareu
Ola a todos, esta é a convocatoria da XII Regata da Dorna que se celebrará este verán. Logo do parentesis que tivemos o ano pasado voltase a poñer en xogo a Dorna de Prata o día 25 de xullo.
31 de maio de 2007
Calendario de Regatas de Dornas a Vela

Ollo, segundo avisounos Suso, tíñamos un erro no noso calendario, xa que os do Fasquía cambiaran a súa regata para o día 9. A REGATA FASQUÍA NON É PARA O VINDEIRO SÁBADO.
Hoxe o vimos tamén na edición de Arousa de La Voz de Galicia: "Fasquía espera superar o medio cento de dornas no seu trofeo. A proba disputarase o día 9 de xuño e sairá do peirao do Xufre ás catro da tarde. A asociación da Illa tamén estará presente nos Encontros de Embarcaciáns Tradicionais"
Máis abaixo pódese ver o calendario, pero tamén podedes verlo aquí. Se queredes, tamén pódense ver outras actividades da FGCMF como encontros etc. Para iso só tedes que picar en cal xeral.
Se alguén quere apuntarse a algunha das actividades organizadas ca Federación deberá poñerse en contacto ben con nós en lajareu[arroba]gmail.com ou ainda mellor na FGCMF.
Por certo avísannos da FGCMC do seguinte:
Pregamos lle fagades a maxima distribución entre os asociados, AS SAIDAS O EXTERIOR: PORTUGAL, CATALUÑA OU FRANCIA, teñen "bonificación", consideránse como promoción do VIII Encontro e nesa medida ou ben se organiza un transporte colectivo (trailer, como Cadques o Malaga) si fora preciso, que pagaría a FGCMF ou de non darse este caso veríase de pagarlle os que se desplacen os gastos de Kmetraxe, como xa se fixo cando foi do encontro de Cambados.
Lembrar que para o Encontro de Ferrol para embarcacións significativas ou de interés (como minimo) organizaránse transportes para subir (e baixar) a Ferrol, paga o VIII Encontro. Podedes ir dando conta do voso interés para trazar os puntos de carga e descarga. Lembrade que como motivo de celebrarse o Encontro en Coruña unha semán antes, veríamos a conveniencia de levalas primeiro a Coruña, lóxicamente co consentimento do armador.
6 de mar. de 2007
Calendario de regatas do 2007
CALENDARIO DE REGATAS 2.007
| Data | Regata | ORGANIZACIÓN |
| 10/03/07 | Trofeo primavera 1ª | A.C. LAJAREU |
| 24/03/07 | Trofeo primavera 2ª | A.C. LAJAREU |
| 14/04/07 | Trofeo primavera 3ª | A.C. LAJAREU |
| 5/05/07 | Trofeo primavera 4ª | A.C. LAJAREU |
| 19/05/06 | Trofeo primavera 5ª | A.C. LAJAREU |
| 02/06/2007 | R. Fasquía -Illa Arousa | ACDX Fasquía |
| 16/06/2007 | R. Area Seba - O Grobe | Amigos Dorna Meca |
| 30/06/2007 | Volta Illa de Arousa | ACD. Dorna |
| 5-6-7-8/07/2007 | VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia | Clube do Mar de Ferrol - F.G.C.M.F. |
| 14/07/2007 | R. Dos Faros - O Grobe | Amigos Dorna Meca |
| 21/07/2007 | R. da Dorna - Riveira | A.C. Lajareu Barlovento |
| 04/08/2007 | R. do Bao - Illa Arousa | ACD. Dorna |
| 18/08/2007 | R. do Albariño - Cambados | CM. Salnés |
| 25/08/2007 | R. da Calmoseira - Camb-Illa | Asociación Calmoseira |
| 01/09/2007 | R. Palmeira - Palmeira | A. C. Lajareu Barlovento |
| Outubro | R. do Marisco - O Grobe | Amigos Dorna Meca |
| 6/10/07 | Trofeo outono 1ª | A.C. Lajareu Barlovento |
| 27/10/07 | Trofeo outono 2ª | A.C. Lajareu Barlovento |
| 10/11/07 | Trofeo outono 3ª | A.C. Lajareu Barlovento |
| 24/11/07 | Trofeo outono 4ª | A.C. Lajareu Barlovento |
| 15/12/07 | Trofeo outono 5ª | A.C. Lajareu Barlovento |
En vermello están as regatas organizadas polo Lajareu. En principio, e salvo que se avise doutra cosa, todas elas terán a saída as catro da tarde, polo que convén que esteades polo galpón as tres da tarde para ir baixando as dornas. Tal e como se quedou na asemblea, contaremos nas regatas con embarcacións
Sería unha boa cousa contar cun fotógrafo nas regatas. Se alguén dos que le esta páxina está interesado en colaborar desinteresadamente, nós prestarémoslle o apoio necesario para que poda tomar unhas boas fotografías ou vídeo.







