3 de dec. de 2008

Arredemo!

Noso amigo Miguel é todo iniciativa. Igual algún se lembra do Arredemo. ese botiño das rias Altas que mercara, arranxara e aparellara para latina. Estivera no Lajareu medindo o pao e facendo probas para envergar a vela na entena. Miguel namorouse das embarcacións tradicionais da nosa man. O día que pasou a Marola na Moura, rumbo aos encontros de Ferrol decidiu que tiña que ir a Brest patroneando a sua propia embarcación. Mercou o bote en Sada e coas suas mans botoulle cuberta nova, temón, cana, entena, cornamusas, calculoulle a veliña...todo. A sua botadura en Sada converteuse nun acontecemento no mundo das embarcacións tradionáis nas Rías Altas, e ahí foi Miguel a Brest co seu Arredemo a remolque.

Pero Miguel é todo iniciativa. E agora esta promovendo a creación dunha sección de navegación tradicional no seo da Escola Municipal de Vela Lixeira de Sada, donde aprendera él a velear. E para eso acaba de botar a andar un curso de introducción á navegación tradicional que se presentou sábado.

A presentación do curso foi unha gozada. Pese ás inclemencias do tempo, congregámonos un par de duecias de interesados e amigos para ver dous videos introductorios e compartir unha cea tradicional a base de caldo, chourizo e uns postres impresionantes feitos por Ana. Entre eles unhas pastiñas de té esquisitas coa fasquía de Arredemiños e dornñas... Unha pasada!

Miguel non se anda con caralladas. E xa sábado repartiu entre os interesados un dosier en CD con material didáctico, historia, tipoloxías... O curso terá contidos teóricos e prácticos. Eso que vedes ahí é un invento do propio Miguel para explicarlle aos alumnos como incide o vento na vela nos diferentes rumbos. A maquetiña do arredemo preséntase sobre n listón que xira nun eixo sobre outro. O listón inferior ten nun extremo un ventilador instalado. E todo esto sobre a carta da Ría de Sada... Un flipe!

Para as clases prácticas Miguel conta co seu Arredemo e coa colaboración de distintas Asociacións que visitará co seu grupiño de alumnos en fins de semana ao longo do ano, para coñecer e iniciarse na arte de levar unhas embarcacións e outras. Por suposto están invitados a vir a Riveira e velear nas nosas dornas. Conto con vos para disfrutar con eles desta iniciativa.



Daquí a Xullo Miguel conta con ter un grupiño de afeccioados a esta cousa nosa das embarcación de verdade, de coñecer á xentiña de aquí e acolá, e ir a Muros a disfrutar intensamente, e con coñecemento de causa, dunha experiencia tan preciosa como vai ser.

Creando afición. Creando escola... Adiante, Miguel, e bos ventos nesta sigradura marabillosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario