E pase a primeira vez; que non pasa porque o pobre de Jaime foi en toda a empopada case dende a saída ata o Sinal do Maño avisando a todo o persoal para que respectara as preferencias de paso. Pero na regata do domingo, xa non ten perdón. Porque ademais de ir avisando como na regata precedente, desta tiveramos cursiños teóricos, se fixeran circular os regulamentos de navegación a vela, e inclusive poñerase unha ligazón nesta páxina web ós devanditos regulamentos.
Pero non crean que lles minto. Temos as testemuñas gráficas que dan boa proba do dito:
E unha pena. Síntoo por riba de todo polo pobre Luis (o proeiro da Adoa). El é un rapaz dos máis novos neste mundiño das dornas, pero tamén un dos máis competentes; e di que polo de agora non se vai lear a mallar ca vara de portar na cachola dos que lles aborden, anque di que, para a súa mellor protección, que ademais do chaleco que leven na cadeira un casco.
Como sempre poderán ler sobre isto e outras cousas acontecidas na regata nos medios que están a cubrir habitualmente estes eventos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario