21 de maio de 2005

Aprazamento da segunda regata de primavera

O pasado domingo tiveramos que aprazar a regata por mor do tempo, é dicir, do mal tempo. Ademais os de Salvamento Marítimo dixérannos que ía a empeorar pola tarde.

Só puideramos ver un barco navegando na Ría.O tempo estivo malo de verdade. José María, o patrón da Candorca, comentáramos que a pasada semana vira un tromba mariña o longo da Arousa. Non era moi grande, pero tivera visto un enorme na Ría de Muros e Noia e que levantaba auga que daba medo.

E con unha cousa e outra estiveramos falando de tormentas brancas, de naufraxios e ata de tormentas perfectas.

Nembargantes, a conversa non quedou nestas cousas. Tamén tiveramos tempo para falarmos do Regulamento Internacional de Regatas, e do difícil que é que se cumpra porque, as veces, ou os patróns non o coñecen, ou non saben como interpretalo.

2 comentarios:

  1. Ola,

    Necesito os datos de contacto da A.C
    Lajareu para a lista de colectivos da web da FGCMF.
    Por favor, podedes enviarmos polo formulario da nosa web?

    Gracias


    mestre
    culturamaritima.org

    ResponderEliminar
  2. ENCE FÓRA DE LOURIZÁN.
    mani. Sabado 4 ás 20:30.
    Praza da Ferrería.
    Pontevedra. PASAO.

    o deber de todo galego é acudir á manifestación en pontevedra.

    ti vas a vir?
    EU, DESDE LOGO!

    AVANTE GALIZA!

    50.000 galegos en PONTEVEDRA ESTE SÁBADO!

    ResponderEliminar