27 de abr. de 2026

REGATA DE PRIMAVERA 2026. 2ª PROBA

Bo día navegantes, 

O pasado sábado 18 de abril realizouse a 2ª regata da temporada do Lajareu con 9 dornas a competir.

O día foi solleiro con vento variable, calma e un airiño final de noroeste sobre ás 18:30 de 5 nós que impediu que se completase o percorrido marcado ao inicio.


As dornas saíron preto da praia de Coroso, rumbo á boia de desmarque no sureste que había que deixar por estribor. Non fixeron falta bordos de bolina polo role de vento para o sur que permitiu un único bordo para deixala libre. Unha única virada e estaban todas as dornas co Lajareu na proa que había que deixalo por babor para finalmente voltar á abra de Coroso e rematar onde fora a saída.



Conforme avanzaba a regata e moi preto do faro Lajareu o vento desvaneceuse deixando calma chicha e o xuíz decidiu adiantar a finalización e ordenar a clasificación conforme á proximidade do faro Lajareu.

As dornas baixaron a vela de relinga e voltaron a terra a remo a maior parte delas, algunha remolcada e unha delas aproveitou un airiño para unha ultima bolina antes de chegar a porto.

Aquí queda o álbum de fotos desta regata e as clasificacións

Clasificación desta proba 

Clasificación provisional logo de dúas probas





Ningún comentario:

Publicar un comentario