Unha regata marcada por un intenso chubasco que deixaría grande auga e forte tormenta eléctrica.
O pasado sábado
día 23 de marzo, disputouse a 3ª proba de dornas a vela do ano 2013,
correspondente ao 17º campionato de inverno, na que participaron as dornas A Fiúza,
Ardentía, Lusiña, Vikinga, Xaimiña e Xarda. Outros patróns alí presentes,
decidiron non participar polas desapacibles e inestables condicións
meteorolóxicas reinantes.
A tarde presentábase
moi gris, co ceo moi cuberto de nubes e vento moderado e moi fixado do sur, que
andaba entre os 15 e 20 nós cargando nas rachas, o que facía sospeitar unha
regata lixeira.
O comité de
regata decidiu, por precaución, que todas as dornas sairían ca vela rizada ao
máximo, as condicións meteorolóxicas parecían pouco estables. Esta decisión foi
completamente acertada, xa que na metade do percorrido os participantes terían
que soportar por momentos, rachas de ventos moi fortes e grandes cantidades de
choiva acompañada de aparato eléctrico.
O percorrido da
regata foi, saída dende o medio da praia de Coroso proa a boia de desmarque (faro
do Lajareu) deixandoo pola banda de babor, para despois continuar cara a
seguinte boia que estaba situado moi preto da illa dos Ratos, para volver ao faro
do Lajareu, onde remataba o percorrido despois de facelo dúas veces.
A saída, sobre as
16:30, proa á boia de desmarque (o Lajareu) cunha bolina a rabiar, que obrigaba
a facer varios bordos. Chegarían á boia por este orden a Ardentía, Vikinga,
Lusiña. De seguido pasarían a Xaimiña e A Fiúza.
Logo de dobrar
por segunda vez o faro do Lajareu entraría o forte chuvasco que determinaría o
abandono, primeiro da Fiúza, este por ter esvarado e quedar somerxido na auga,
e segundo da Xaimiña, despois de ter unha vía de auga difícil de controlar. A
estas alturas, e con moi bo criterio, a Xarda xa estaba en terra a bo resgardo.
Pasado o chuvasco,
o vento foi a menos, e as tres dornas que aínda continuaban en regata
costoulles moito remontar por terceira vez o Lajareu. O vento estaba indo a
menos ata o punto de ter que volver pa terra de remolque ou a remos despois de
cruzar a liña de chegada.
A clasificación
desta proba foi a seguinte:
1º Ardentía (José
María e Carlos)
2º Vikinga (Fernando
e Carla)
3º Lusiña (Antonio
e Ron)
- A Fiúza
(Severino e Nacho) non finalizou
- Xaimiña
(Xaime e Xaime) non finalizou
- Xarda (
Carlos e Carmen) non finalizou
A clasificación provisional logo das tres probas desputadas, a falta da última que se fará este sábado día 6, é a seguinte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario