Sí señores: por fin unhas fotos de calidade por cortesía do compañeiro Carlos Ruano: Aquí sí que se aprecian as calidades e texturas da madeira, e os encuadres son correctos. A comparación resulta un tanto ofensiva coas que facía eu, pero é para ben:
Son fotos do pasado 1 de febreiro e nelas xa se pode ver a totalidade dos mamparaos xa instalados: o do cufiño, os dous da cadeira e os dous da tilla, así como os baos característicos da tilla corrida
Igual algún se preguntou porqué son tan promimentes por popa as taboas de cubrir por popa, porqué o carpinteiro non as corta á sua medida, porqué están unidas ao seu término, á altura da cinta por esa peciña de madeira; e porqué tanto a peciña de madeira como o canto superior da estampa teñen unha puntiña clavada no mesmiño centro.
Eu tamén mo preguntei e penso que a cousa ten moito que ver coa obtención da perfecta simetría entre os dous costados da embarcación. Pensade que as táboas de cubrir, as metades de popa, se cravan ás de proa e á estampa antes de colocar os paus (prolongación das cadernas). Esta tabliña coa sua punta-punto de mira no centro ten toa a traza dun mecanismo de aliñación e estabilidade da estructura.
Coma xa saberedes case todos, e se non dígovolo eu, as táboas do casco da dorna non son o recubrimento dunha estructura: son estructuráis elas mesmas. colócanse antes que os paus e son conformadoras da forma propia da dorna. E a peciña esa que une as de cubrir, prolongadas na popa, ten moito que ver, ou da toda a pinta, en que a dorna salga ben.
Como vedes o 1 de febreiro xa estaba feito e colocado o empanetado da tilla. Qué esbeltos e elegantes se ven os baos coa su leve curvatura! A entrada da tilla, se vos fixades, é máis ancha do habitual: en primeiro lugar para facilitar o acceso da man aos recovecos dunha tilla grande; pero tamén para permitir o acceso cómodo dos mariñeiros ao seu interior. Esta tilla é tamén un dormitorio, de 1,90 m de manga.
Con todos vostedes (tatatachán...!) o empanetado do panel de couse!! Ahí axustadiño no seu sitio. E ben acompañado do mamparo do cufiño e o banco da escota co seu pé d'amigo. Na banda de babor esa caverna promintente será a remadoira de couse . Para os que non coñezan ben unha dorna: En popa só hai remadoira pola banda de couse (babor) para bogar (e gobernar) o patrón cando reman dous. No panel de meo, evidentemente,e hay remadoiras por babor e estribor, para bogar un só, cos remos cruzados, ou para utilizar só a de estribor cando rema tamén o patrón a popa.
Dorniña bonita! Ahí está a proa cos seus baos: os dous de máis a popa dexan sitio no medio deles para a enfogonadura do pau e fana forte. A continuación: o panel de proa da tilla.
A cadeira xa está rematada tamén: só lle faltan as súas tapas, que constituen a "aparella" (no sei se por ser duas).
Bonito detalle da continuidade entre cadernas e paus. A parte dos paus que sobresae da coberta e os corredores recibe o nome de "caverna" (obvio para os que andamos nesto)
Ahí tedes o cufiño, na popa, e nel unha prensa, un calibre, un compás de carpinteiro, unha caixiñiña vermella de lata (?) e os lentes de Domingos
E con este detalle da proa despídome ate sábado, que podedes aproveitar para facerlle unha visita á nosa Insuabela e ao seu xenial constructor!
Unha aperta!
A caixiña vermella tenche toda a pinta de ser unha caixa de brocas, pero vaite tí a saber.
ResponderEliminarFermosa dorna
Moi boa reportaxe!!
ResponderEliminarAs fotos non son nada sen o relato a sua difusión no bloge
ResponderEliminarGracias webmasters
Son, son. As fotos son o principal nunha cultura visual como a nosa. Ainda así gracias pola boa consideración dos modestos comentarios e da pequena achega de colgalo todo no blogue. Belén: gracias polo entusiasmo: comentarios como o teu dan anímos e gañas. Xaquín: pois sí que ben podería ser unha caixiña de brocas.
ResponderEliminarEn breve esperamos ter máis fotos da dorna case acabada.
Unha aperta a todos
Da gusto ver nacer unha fermosa embarcación como esta. Xa teño ganas de vela navegar. Moitos parabéns por este fermoso prexecto.
ResponderEliminarSaúdos dende a Arousa
Moitas grazas Santy, e tamén de navegar nela supoño. Xa haberá ocasión. Unha aperta
ResponderEliminar