22 de feb. de 2013

CAVERNAS E REMADOIRAS



Outra vez o noso compañeiro Carlos Ruano pasou pola carpinteiría de Domingos, e outra vez nos envía unhas magníficas fotos da Insuabela "de corpo enteiro" e máis do pao, que xa está a medio descascar a golpe de martelo.

Só pasaron catro días desde as fotos da anterior entrada e xa están no seu sitio todas as cavernas, incluidas as das remadoiras. Vese ben bonita así, cos corredoriños limpos ata fora da regala e as remadoiras todas aliñadas.

Nen a Insuabela ten tan pouco puntal como semella nen Domingos é tan alto. Está subido nun tallo para traballar.

2 comentarios:

  1. Carlos Ruano22/02/13, 23:55

    Gracias pola publicación.

    E por outra banda...o pau non está a medias, esa é a medida final. Parece ser que se baixa máis quedaría moi groso na punta.

    ResponderEliminar
  2. Hola Carlos! Pois moitas gracias tamén pola información. Ou sexa que xa está medido e pau, e os experto determinaron que hai que cortar pola parte de baixo, e aproveitar o longo preciso medido dende arriba, que así nos sae un mastro co grosor axeitado. Polo tanto a parte do piñeiro que precisamos xa está completeamente descascada. Estupendo.
    Un saudo

    ResponderEliminar