14 de xan. de 2013

AS TÁBOAS DE CUBRIR

 O blogue tira que bota fume. Está descoñecido. Aquí tedes unha pequena reportaxe de como estaba a dorna o dia 31 de decembro de 2012, no que tiven a ocasión de pasarme polo obradoiro de Domingos para amosarlle esta marabilla a meu amigo Filippo.

Como vedes xa estaban postas as táboas de cubrir de proa e a estampa. É impresionante observar como se colocan antes as táboas de cubrir que as "paus" (falsas cadernas) e que ainda así quedan perfectamente curbadas e simétricas





E de regalo un video para que vexades como se cravan os cravos nunha dorna...


2 comentarios:

  1. Palmeirán15/01/13, 15:03

    Está quedando preciosa. Vaia maravilla de dorna.

    ResponderEliminar
  2. Pois sí Palmeirán, preciosa. Todas as dornas son bonitas e velas facer é unha marabilla; pero unha así grande, e tan desexada... A verdade é que da gusto vela.

    ResponderEliminar