O pasado sábado día 30 de Abril celebrouse a segunda das catro rondas de que consta este novo campeonato.
A tarde prometía , xa que o vento ainda que frouxo de entre 8 e 10 nós de compoñente noroeste, estivo presente durante todo o percorrido, con un ceo algo anubrado e unha temperatura máis que agradable .
A saida daríase, coma de costume, ás 16,30 horas perto da “Illa dos Ratos” e cara a praia de Coroso, onde estaba situada a boia de desmarque. Neste treito, con un vento xusto de proa, case todas as embarcacións decidiríanse por ir cara fora , amurados a estribor, non sedo un tres dornas que sairían cara a praia. Serían duas destas últimas as primeiras en alcanzar ésta boia: a Áncora e a Volandeira. Ata o segundo paso obrigado, o Farol Lajareu, o vento daría ás embarcación de aleta e neste tramo non habería nengúnha mudanza na orde de pasada. Do Lajareu e ata a Illa de Rúa, que sería este o seguinte paso, sería a Sandra a que se situaría na 1ª posición pasando a continuación a Áncora , Volandeira e Ardentía, e un pouco máis retrasado o resto da flota.
Deste último paso e ata a meta, as embarcacións veríanse obrigadas a facer bordos debido a que o vento sopraba xusto de proa, facendo que o campo de regata se abrise tanto, que algunhas dornas chegarían perto de Palmeira e outras acabarían perto das Airoas. Ao final todos aqueles que decidiran ir cara Palmeira serían os primeiros en chegar á meta, sendo mais umha vez a Volandeira a primeira en rebasar esta despois de facer una regata perfecta e sen erros. A clasificación final ficaría na seguinte orde:
1- Volandeira
2- Áncora
3- Sandra
4- Ardentía
5- Lusiña
6- Rabuda II
7- Moura
8- Vikinga
9- Xaimiña
10- Cachi
11- A Fiuza
A próxima cita será: Sábado 14 de Maio ás 16.30 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario