FELIZ ANO 2010 e boa proa!
Que este 2010 traia, alomenos, tantas sigladuras, regatas, saidas, e xuntanzas entre compañeiros intensas e venturosas como trouxo o 2009.
Temos pola proa un ano cheo de proxectos e desafíos.
Aparte de seguir adiante coa nosa intensa actividade regateira en inverno, primavera e verán, xa estamos maquinando en ideas tan ben acaidas e acollidas como reeditar a nosa Ruta das Dornas a Muros, en intensificar as saidas sociais, e acodir a máis de un e de dous dos encontros e xuntanzas de embarcacións tradicionáis que se celebran no noso país e no veciño, e en definitiva, en darlle un impulso á dimensión máis pública e de difusión social da nosa actividade.
Como xa veríades andamos a remodelar este blog para facelo máis actual e atractivo. Queremos darlle un impulso forte a esta ferramenta de comunicación para asentala como vehículo de relación co resto do mundo das embarcacións tradicionáis e dotala de novos contidos, enlaces e remisións que a acheguen a toda a xente que teña interés ou curiosidade polas dornas.
E temos por ahí algunha sorpresiña pendente, que pode quedar ben chula.
Así que, un ano máis, invitámosvos a todos , socios, mariñeiros, compañeiros das outras asociacións, amigos, aos que xa viñestes por aquí algunha vez e aos que ainda habedes vir, a particiar e contribuir coa vosa participación nesta aventura común que é o Lajareu.
Unha aperta, feliz ano, boa proa e mellor vento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario