A 4ª Proba do IX Campionato de Dornas a Vela organizado por Lajareu demostrou a importancia do bo facer no mar do bo facer en terra. Con vendaval e apiques de suspender a proba ningún dos regatistas presentes querían a suspensión. Pola contra o Comité de Regatas de Lajareu tiña que decidir sobre a seguridade no mar por riba do que poderían ser os caprichos dos navegantes ós que lles gusta saír ó mar e probar os límites das súas embarcacións e da súa maña en condicións adversas.
Decidiuse, pois, por vez primeira nunha regata de dornas, que sería obrigatorio saír ó mar cun mínimo dun ris tomado. Todas as dornas o tiñan que tomar -- sen excepcións. Sorprendentemente e inda que non todas as velas son iguais en tamaño e forma por mor da competición cega dos últimos anos nas regatas dorneiras, ningún regatista dos presentes puxo obxección algunha á decisión do Comité.
Con mar de fondo importante que viña abordo por proa, particularmente na zona dos Miñoteiros, e con empopadas un tanto perigosas, as dornas navegaron seguras cos seus rizos tomados. O único contratempo sufriuno a Lusiña ó encontrarse nunha loita na empopada coa Áncora. Nun cruce das embarcacións a Lusiña perdeu control e anegouse de auga. Non foi ó fondo porque a tripulación --
En momentos cando todos nos concentramos, parece ser, en facer grandes Campionatos e gañar moitos trofeos, en contratar importantes e caros seguros para protexernos da nosa propia avaricia, da gusto ver no momento -- na práctica pura e non no papel -- como a seguridade de todos os regatistas ten que estar en primeira instancia da man de cada un. Contratempos e accidentes son inevitables porque a vida non deixa de ser así. Pero evitalos e limitalos tamén está da nosa man. Polo tanto os Comités de Regatas teñen que acostumarse a tomar decisións importantes -- ás veces pouco populares -- para que prime a seguridade por encima de todo; non simplemente para aforrar nos gastos das empanadas contratadas para un día puntual ou para facer aquelas fotos tan bonitas para a prensa.
Ben facer é bo navegar.
Quem vai ao mar avia-se em terra, já diziam os antigos marinheiros por cá...
ResponderEliminarAbraço companheiros deste lado do rio...