Adelino e Agustín no verán de 2004. Daquela abordo da Ila.
Esta regata tiña toda a pinta de ser chuliña -- de feito foina -- dependendo do punto de vista, claro. En hora boa ós da Áncora que navegaron moi ben nas últimas ceñidas. Estes se collen cancha son moi perigosos. Foi moi interesante porque
Victor e Brux en Rúa no Inverno do 2004.
Quen correu como o demo foi a Volandeira, da man de Victor e Brux. Anduveron moito e tanto que a nós deixáronnos literalmente abraiados no Camouco. Vaites maneira de ceñir e andar. Unha forte en hora boa tamén á Sandra que despois de quedar tirada no Lajareu -- segundo me contou o patrón e verificou Jesús da Moura -- fixo barro de toda flota, colléndonos a nós tamén -- cousa que lle era importante para asegurar cada vez máis o primeiro posto no Campionato. Foiche unha pena que non lle dou tempo a coller á Áncora nin a Volandeira. (Penso que nas condicións rachadas non collería á Volandeira; non do xeito que Victor a levaba.) Tamén lle vin un pouco de debilidade á Sandra nun certo momento, ¡pero iso non volo digo porque igual me fai falla a min o domingo que ven!
Polo demais como sempre...a organización, quero dicir, porque Jaime protestou polas instruccións de saída cando non entendeu que as marcas eran as boias vermellas pequenas XA QUE AS NOSAS BOIAS GRANDES E DE REJLAMENTO QUEDARON ESQUECIDAS NO JALPÓN.
Ah, xa me esquecía, Charly probou a vela de Adelino -- a pequena e tradicional. A min doume como que non lle gustou moito pero indo só abordo parece ser que aguantou ben as rachas. Só, coa a vela normal, estou seguro que non aguantaría; e dicir, visto lo visto na nosa dorna cun compañeiro lastroso como teño eu. De todas formas un saudiño a Charly por saír só cando lle fallou o compañeiro, cousa que tamén fixera José o de Palmeira nunha das outras regatas de inverno. Todo ten o seu mérito e todo apoia ó noso club.
E falando de velas de menos dimensións teño que dicir que me da certa pena a Papoula porque penso que Carlos e Jorge están regateando como os mellores. Fóra coñas. Gústame moito a súa estratexia e vénse moi compaxinados. Nas ceñidas son perigosos, senón pregúntanos a nós. Non teñen motor e nótaselle moito nas empopadas largas.
Voume que me van chamar sicofanta.
Máis noticias da regata na Voz, en Vieiros e no Masmar.
¡Home compañeiro! Menos mal que volviches ó rego. Pensei que agora dedicábaste á jastronomía e tiñas abandonadas as dornas.
ResponderEliminarComo se nota que es labrego. Volvín a coller barlovento. ¡Que carallo sei eu de regos! ¿Ou referíaste aos Regos e Preguntas da Asemblea do outro día?
ResponderEliminarAlberto
Very best site. Keep working. Will return in the near future.
ResponderEliminar»