Nas regatas non se deberían ver estas cousas. 4ª de Inverno (en Primavera, como sempre, porque o tempo corre máis cas dornas) e Jesús na Fiuza contemplando as estrelas ó medio día. Dille ti que non. (Ver detalles aquí.)
(Corríxenos Suso dicindo que o que vai durmindo na cuberta non é el. É Manolo de Lugo. ¡Manolo! Manuel! Arriba compañeiro que aquí xa deron as doce. Non sei que hora será en Lugo.)
O que mira as es estrelas non son eu: e o meu compañeiro de ocasión Manolo, de Lugo. Xa sabesdes: xente afeita a andar en botes de Ribadeo e outras embarcacións de categoría siimlar. Inda así teño que dicir que me fixo moi ben os contrapesos e inda lle facía a guerra psicólóxica a calquera que nos fora cerca (preguntarlle ao bigotes)
ResponderEliminarUnha aperta a todos
Gracias pola corrección, Suso. Está ben saber que o durmiñento non eras ti.
ResponderEliminarAlberto