15 de abr. de 2005
As apostas do trofeo de inverno están moi igualadas cara á derradeira regata.
Á Xarda con dous primeiros e un cuarto, a seguen a Ila con tres segundos, a Jolfiña con un primeiro un terceiro e un carto, e a Flecha cun primeiro, un terceiro e un sexto.
Tendo en conta que pódese desbotar unha desas puntuacións, temos con dous puntos a Xarda, e empatadas con catro puntos a Ila, a Jolfiña e a Flecha.
Para mín que a Xarda e a Ila vanse a enredar unha con outra e van deixar vía libre as que ven por detrás. E a esas, con chegar dous postos por diante da Xarda e un por diante da Ila, ten de abodondo.
E entre a Flecha e a Jolfiña... A Jolfiña é favorita, pero sei de boa fonte que o proeiro non vai a estar en pleno rendimento, así que...
¡Aposto pola Flecha!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
¡Bueno, bueno, non te tires de cabeza que o arneirón fai estragos da raia ó medio!
ResponderEliminarVexo moi difícil que perda a Xarda. Se hai moita popa?e sempre a hai?ou largos, a Ila non lle vai aguantar en velocidade. Tería que ser unha regata con moita ceñida e moito vento; a Ila vai mellor lastrada. Ademais a Xarda está saíndo mellor ca Ila en todas as regatas. A Ila francamente non sae nada ben. (Logo vota meses recuperando posicións, pero a cabrona recupera.) A Jolfiña e a Flecha non son nada fiables. Van dun primeiro posto a un quinto sen máis nin máis. Son yo-yos. Totalmente inconsistentes. Só un milagre permitiría que a Jolfiña quedara de primeira e inda así a Xarda tería que levar dornas por medio. Difícil pero non imposible, por suposto. Penso que a Flecha é a que máis corre, pero sae fatal. Pero cando lle dan arroutadas corre pero que moito, como fixo na regata de Palmeira.
Aposto polo cabalo gañador: Xarda. Neste Campionato apiques cometeu erros, e leva unha regata de menos senón penso que tería o trofeo no peto.
Alberto