Este sábado 29 de março, às 16:30, disputa-se a primeira prova da regata de primavera de dornas a vela do Lajareu. Vai de seguido o anúncio oficial de regata, e abaixo ligação para a inscrição:
26 de mar. de 2025
ANÚNCIO DE REGATA DE DORNAS - PRIMAVERA 2025 LAJAREU
23 de mar. de 2025
CALENDÁRIO DE REGATAS 2025
19 de xul. de 2024
A Deputación da Coruña colabora co Lajareu neste ano 2024.
Subvención da Deputación da Coruña para o ano 2024.
A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención cun importe de 3.000,00 €.
Esta subvención está dirixida á actividade deportiva de promoción da navegación tradicional en dorna mediante a organización e participación en travesías, concentracións e regatas de dornas durante o ano 2024.
10 de xul. de 2024
REGATA DO CARME 2024. ANUNCIO DE REGATA DE DORNAS
Regata de dornas en Ribeira
Este sábado 13 de xullo, ás 16:30, disputase a regata do Carme 2024 de dornas a vela do Lajareu. Vai de seguido a folla de inscrición e o anuncio oficial da regata.
INSCRICIÓN REGATA DO CARME 2024
Animamos a todas as tripulacións e clubes de dornas a se achegar por Ribeira para participar nesta regata e pasar unha boa jornada de mar e de vela tradicional.
8 de xuño de 2024
REGATA DE PRIMAVERA DE DORNAS A VELA 2024
BOA PARTICIPACIÓN NESTA EDICIÓN DE 2024
O sábado 8 de xuño rematou esta edición da Regata de Primavera de dornas a vela que organiza o Lajareu e que se disputou nas augas da ría de Arousa con saídas e chegadas na abra de Ribeira.
Inicialmente estaban previstas cinco probas das que se anulou unha por mor das condicións meteorolóxicas, nas catro que se realizaron participaron dornas da Illa de Arousa, Cambados e Ribeira cun total de 19 dornas no cómputo total.
A clasificación final foi a seguinte: