1 de abr. de 2013

A INSUABELA QUILLA ARRIBA

 un grupo de oito: membros de Lajareu, amigos e compañeiros reclutados para a ocasión poñemos a Insuabela quilla arriba seguindo ás ordes do carpinteiro, Domingos. Sobran verbas:


 



 A tarefa ilusionante, o esforzo común, producen a alegría espontanea dos grandes momentos. Qué bonito se todo na vida fose así.
Agora toca tapar as cabezas dos cravos con serrín con cola, calafatear e alquitrán a todo! Gracias a Ingrid polas fotos.

9 comentarios:

  1. Carlos Ruano00:05, 02/04/13

    Un bo traballo, si señor

    ResponderEliminar
  2. Un bo exemplo do fermoso traballo asociativo pola conservación das embarcacións tradicionais en Galicia. Noraboa! Saúdos dende Portonovo.

    ResponderEliminar
  3. Claro que sí, Carlos, e moi gratificante. Mira qué caras de alegría.
    Alexandre de Portonovo: gracias polas tuas verbas e benvido ao blogue de Lajareu. Aí seguimos ao pé do canón...

    ResponderEliminar
  4. parece moi chula, xa temos pique coa Rabadeira este vran je je je, parece ser mais ou menos da misma eslora.

    ResponderEliminar
  5. Palmeirán - Patexeiros20:33, 03/04/13

    Que maravilla de dorna. Vai ser o orjullo do Lajareu.

    ResponderEliminar
  6. A botadura ainda non ten data. Primeiro hai que rematar a dorna e logo irá para o noso galpón para levar as máns de alquitrán que precise. O tempo de secado dependerá do tempo meteorolóxico, que como todos sabemos, é un misterio. Mentres tanto trataremos de axilizar o cálculo e fabricación da vela. Esperamos ter a dorna para o Encontro do Freixo, se todo vai ben. Eso sí, anunciaremos a botadura non blog.

    ResponderEliminar
  7. Ei Palmeirán: sí que é o noso orgullo, e a nena dos nosos ollos, pero quédalle moito para chegar a unha Balbina!
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  8. Compañeiro de Vilanoa: é un algo máis pequena que a Rabandeira. se non me engaño a Rabandeira anda polos 7 metros de eslora e a Insuabela non paso dos 6,50. Ademáis paréceme que en superficie vélica tamén habemos ser algo máis contidos. Ainda así será un pracer navegar á par con vos no Freixo se tedes aben arriar un pouco de escota par non comernos as papas!

    ResponderEliminar