25 xan, 2013

CLAVOS GATEADOS


Hola mariñeiros:
Este  é o aspecto que presentaba a nosa dorna xeiteira o pasado día dez de xaneiro.
Como vedes estaban postas xa as taboas de cubrir completas, e antes de rematar de poñer todos os paos (continuación hacia arriba das carreiras ou varengas), Domingos estaba facendo as cintas para as regalas.





Nesta foto xa se pode advertir un detalle constructivo singular da nosa Insuabela, i é que a quilla prolóngase máis a popa do que lle corresponde,na caida do barragán, ata a caida da liña imaxinaria que prolonga a inclinación da estampa. Esta modificación ten por obxecto dotar á dorna dun temón menos grande, que traia a caida diagonal recta do espello de popa, coma nas dornas nais e donas de tope, o que facilitará o seu manexo en condicións de mal tempo. Tanquilos: o triángulo que queda entre a liña de prolongación da estampa, o barragán e a prolongación da quilla vai ocupado por unha pexa de madeira.


Aquí podedes ver as liñas que fan os clavos seguindo os paus e cadernas.


E aquí, con detalle, como se unen os paus ás carreiras, cunha continuidade sinxela. Non hai colas de milano nen raios  de xúpiter nas dornas, a sua construcción é sinxela e elemental, moi arcáica, pero, xa vedes, funciona...




Aquí tedes os clavos dos que xa vos falei, nas diferentes medidas que require esta dorna: semellan os de Cristo, forxados de ferreiro en aliaxe doce para permitiren o seu gateado: una vez clavado o calvo, a parte que sobresae dóblase como a uña dun gato e a punta desta "pouta" vólvese a clavar na madeira:







Como vedes as táboas de cubrir sobresaen da estampa de popa máis da conta. Non vos preocupedes. O carpinteiro sabe cando cortar o exceso.


Aquí podedes ver a Domingos trazando  a cinta dunha regala, e comezando a facela coa garlopa:

video

Axiña haberá máis porque Domingos xa estaba poñendo estes días os baos e os mamparos. Se non imos e facemos fotos, bota corredores e coberta, e xa non podemos deixar constancia gráfica da distribución interior! Así que animádevos:  Pasade pola de Domnigos a ver e mimar un pouco a nosa dorna do xeito, e de paso quitádeslle unhas fotos...

2 comentarios: