9 de maio de 2023

REGATA DE PRIMAVERA - 3ª PROVA

Este sábado, segundo o calendário estabelecido celebrou-se a 3ª prova da regata de primavera. O vento foi SW duns 10 nós cos seus refachinhos. Foi um dia mui bom para a dorna e que deu numha regata emocionante que relatamos de seguido. 


Os passos forom umha boia de desmarque em Coroso, o sinal do Lajareu, Camouco por estribor, e de bolina de novo cara as Airoas para rematar coa entrada de novo na praia de Coroso.  


Recolhemos a crónica que nos passa Álvaro desde a privilegiada popa da Jalerna que levou a dianteira nesta prova:

Despois do bocinazo dos 10 minutos a frota comezou coas manobras de aproximación. No momento da saída podía verse como a Zoa, moi ben posicionada e amurada a estribor seguida pola Fiúza e a Xaimiña, facían o bordo para a boia de desmarque. 

Neste primeiro tramo da regata, a Jalerna, amurada a babor, buscáballe a popa para evitar colisión. A Caranceira, que viña dun grande segundo posto na prova anterior, encontrábanse no grupo dos 5 primeiros, pero aínda quedaba moita regata.  


No pase da boia de desmarque, tras unha bolina con dúas viradas, tocaba largar vela e subir rumbo ao Lajareu.

Dende o Lajareu para o Camouco, coa vara de portar, empopada con constantes ataques entre os primeiros da frota, Zoa e Moura non daban por perdida a vitoria, pero o pelotón achegábase a acortaba distancia. 

Unha vez pasado o Camouco tocaba de novo bolinar para deixar por babor os Airós. Aquí houbo dúas tácticas, a cabeza da frota optou por fóra, e outro grupo por dentro, mais pegados á terra. O grupo de terra, liderado pola Xaimiña fixo unha remontaba espectacular onde pasou a poucas esloras da Jalerna e colábase incluso por diante da Zoa na virada. 

Xa rumbo á meta, con constantes roles de vento, a frota traballou duramente axustando escotas sen descanso, para entraren na clasificación que segue: 



Classificação da prova

(Acta do juiz no álbum de fotos cos tempos de entrada) 

  1. Jalerna
  2. Zoa
  3. A Fiuza
  4. Xaimiña
  5. A Lixeiriña
  6. Tixosa
  7. Teis
  8. Sandra
  9. Moura
  10. Caranceira 

Os parabéns a Álvaro ("transvasado" da sua Abuelo Tucho) e Carterola, polo domínio da prova em todo momento coa Jalerna vinda da Arousa. 

Como não também os parabéns a Charly e Carlos na Zoa que sobem nesta prova ao segundo posto, e A Fiúza, com Severino e Nacho também do Lajareu de Ribeira, que se mantém nesta prova com força nesse posto de podium entrando de terceira. 

Desfrutamos vendo de novo nesta xeira de regatas à Tixosa, umha clásica do Lajareu a navegar com Tucho e Juan que vêm de pó-la ao dia. 

Ânimo à Caranceira, com todo o esforço de virem desde Portonovo, Mariña e Tino, filha e pai, que fixerom um papel mui destacado na prova anterior que aguardamos remontem nas seguintes provas. E o reconhecimento à Lixeiriña também que vem de Cambados. 

O agradecimento como sempre a todas as dornas participantes, juiz, embarcações de apoio e fotos e vídeos que as fixo mui chulas desta volta o Marcos.


Classificação geral provisional



ÁLBUM DE FOTOS E VÍDEOS


Álbum de fotos e vídeos da prova (Fotos de Marcos Buide)




SEGUINTE PROVA

Lembrai que o sábado dia 20 de maio temos a seguinte prova da regata de primavera:

Calendário de regatas

Anúncio de Regata de Primavera e inscrição . Podem inscrever-se novas dornas em qualquer momento (Umha inscrição vale para todas as provas).




Ningún comentario:

Publicar un comentario