Boas de novo, o pasado 2 de abril celebrouse a derradeira proba da Regata de inverno 2011 na que tivemos que traballar duro nas dornas. Podedes consultar aquí a clasificación final, que estivo moi axustada e coma sempre tivemos unha celebración coa entrega de trofeos. Parabens aos campeóns. Os primeiros, Adelino e Agustín, na Áncora. Ahí vai a crónica:
O pasado sábado día 2 tivo lugar a 4ª e derradeira proba do trofeo Inverno 2011. A tarde presentabase con moitas nubes e vento forte do noroeste. O percorrido para esta regata foi o seguinte:
Saída fronte a Bahía de Coroso, facendo un primeiro desmarque nunha boia na praia de Coroso, seguindo cara as Illas Airoas por babor, Illa de Rua por babor e chegada na praia de Coroso. A participación foi de 9 embarcacións.
A saida cara o desmarque foi moi aberta, xa que o achegamento a boia de Coroso era unha ceñida rabeosa. Lusiña e Volandeira fixeron unha saisa boísima cara o porto de Ribeira seguidas por ..., mentras Ancora, Ardentía e ... fixeron a saida cara a praia. A chegada a boia foi axustadísima, facendo Volandeira o primeiro posto, pero arrancando hacia as Eiroas coa Ancora, que viña da praia de Coroso, pegada a sua popa. Detras de elas Lusiña, Ardentía e o resto da flota.
O seguinte treito foi unha empopada moi rápida cara as Eiroas. Volandeira, como nos ten acostumados nestes rumbos, foi gañándo distancia chengado moi por diante dos demais.
Segundos Víctor e Brus na Volandeira.
No treito cara a Rua, foi outra empopada semellante e Volandeira chegou a Carabeliña con un pouco máis de distancia cos demais escomenzando a ceñida en solitario poñendo rumbo as bateas de Palmeira. Ancora, Lusiña .... chegarían a Rua, indo tras a Volandeira. O bordo de Ancora e Lusiña foi magnífico. A ceñida foi excelente gañandolle sobradamente o barvolento a Volandeira e perdendo ésta toda a ventaxa que levaba. Volandeira vira o chegaren as bateas tentanto coller rumbo cara a Illa dos Ratos. Lusiña cruzase pola sua proa e vira seguindoa un pouco máis a barlovento. Mentras Ancora, que virara marcando a Volandeira, tivo que desterse para amañar problemas no seu temón, co que perdeu toda a ventaxe que gañara na ceñida.
e terceiros Antonio e Ron na Lusiña
A Volandeira volveu coller o primeiro posto facendo unha boa ceñida e gañándolle o barlovento a Lusiña. Coa Ancora no través e a sotavento semellaba que a regata estaba no peto. Pero chegando a os Ratos un refaxón puxo a Volandeira a mala. Para cando recuperou o rumbo, Ancora xa collera moita distancia, ceñindo moi ben e facendo imposible a sua caza. Finalmente Ancora cruza a meta de Coroso no primeiro posto.
Unha regata moi fermosa e emocionante que puxo punto final da tempada de Inverno do 2011.
A clasificación da regata foi a seguinte:
1 - Ancora
2 - Volandeira
3 - Lusiña
4 - Vikinga
5 - Ardentía
6 - Sandra
7 – Rabuda II
8 – Moura
9 – Xaimiña
CLASIFICACION FINAL:
1 – Ancora
2 – Volandeira
3 – Lusiña
4 – Vikinga
5 – Sandra
6 – Rabuda II
7 – Gholfiña
8 – Xaimiña
9 – Ardentía
10 – Moura
11 – Papoula
12 – Zoa
13 - Cachi
Unha aperta
Marcos
10 de abr. de 2011
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario