Un ano máis, obriga e devoción leváronme a terras (e mares) catalanas no mes de Agosto; per non pensedes que con iso deixei de atender ao mar, ás dornas, e ao meu compromiso inquebrantable coas cores do Lajareu, porque, un ano máis, a "Tamariua", dorna de Lajareu con base en Port de de la Selva, acudiu a Cadaqués para participar no decano dos Encontros de embarcacións tradicionáis de Catalunya, como embaixadora do noso Clube, e do Patrimonio marítimo galego en xeral; e non con pouca Fortuna. A parte da xa tradicional flexibilidade de horários no desenvolvemento do programa, o encontro foi, como sempre, unha marabilla e unha preciosidade.
Este ano, por primeira vez, a Tamariua acodiu a Cadaqués por mar, pasando o Cabo de Creus en compaña doutros catro botes e llauts del Port: o Capeador, o Xec, o Carme, e o Llaut de Fernando, que agora non se me acode o nome. Un saudo aos compañeiros e intrépidos mariñeiros desde singladura!
Con repecto ao encontro, ademáis da sariñada do almorzo e a magnífica cea que nos serviron na praia, disfrutada na mellor compañía, o acontecemento central é a navegación-regata social na que este ano, e levando de tripulante a Joan Sol, bloguer de El Mar es el Camí , http://elmareselcami.blogspot.com/, a Tamariua chegou de primeira. Precisamente no blog de Joan Sol, do que proveñen estas fotos, hai unha breve crónica da "regata" e, entre outros, un pequeno comentario dun servidor. Non vos podedes imaxinar o precioso que é navegar entre aquelas magníficas velas no escenario da bahía de Cadaqués. Pero as fotos poden dar unha idea: http://elmareselcami.blogspot.com/2010/09/xxiii-trobada-de-vela-llatina-de.htmlUnha aperta. Suso
Hola Suso,
ResponderEliminarte envio el comentario que he escrito en el blog "el mar es el cami". No soy muy habil en estas cuestiones pero todo se andara.
Soy Salvador, de la Bufona. Hoy he visto lo que habeis escrito. Bonito. La regata de Cadaques desde Port es un acto complejo, empieza mucho antes y acaba tarde, muy tarde. El año que viene debemos prepararlo con mas tiempo, quizas zarpar de Banyuls. Tenemos tiempo para hablar de ello. Un abrazo, Salvador.
Hola Salvador!
ResponderEliminarQué alegría verte por aquí! Como ves no actualizo el blog muy puntualmente. Oye: tengo unas fotos super chulas de la travesía. Mandame un e.mail a esta dirección y tan pronto pueda te las envío.
susocadaveira@gmail.com
Un abrazo Suso