Comeza o Campeonato de Primavera de Dornas a vela.
Con unhas condicións de vento inmellorabeis, e nunha tarde autenticamente primaveral, o pasado sábado às 16.30 horas deuse a saída a esta nova edición.
Só 13 dos 15 participantes que tomaron a saída , conseguirían chegar à meta. nunha tarde cargada de incidentes. Duas das embarcacións, a “Praia das Carolinas” e a “Jolfiña”, romperon o pau. A primeira tivo que ser asistida pola lancha de salvamento marítimo e rebocada ata terra desde as Airoas, onde tivo lugar o percance. No caso da segunda, con unha rotura parcial, sorprenderon todos acadando a primeira posición, con maior mérito para os tripulantes de Palmeira, Alberto e Nacho.
A dorna “Rabuda”, rebasando a linea de chegada, sufriu unha grande orzada por causa dun forte refacho de vento, chegando a afundir a vela na auga totalmente. A rápida reacción dos tripulantes santiagueses fixo que solventasen o percance, recupernado a embarcación, e permitindolhes continuar ata o final.
A “ Ardentía” tamén sufriría a rotura da cana, sen que esto lle impedira entrar polos seus propios medios, facendo un extraordinario cuarto posto.
Outras embarcacións tiveron que parar na metade da competición a meter un rizo à vela debido ao forte vento que había nas inmediacións da bahía de coroso.
Claudio, o Patrón da “Maristela” (dorna de Vilanova), un dos mais coñecidos e expertos mariñeiros da Ria de Arousa, tamén sufriu as consecuencias das duras condicións nas inmediacións da chegada. No momento de facer un cambio de bordo escapouselle a escota da man, impactando contra o antebrazo, o que lle provocou unha ferida considerable. Tardaralle semanas en desaparecer a marca producida pola escota.
A clasificación de esta 1ª manga fica da seguinte maneira.:
1-Jolfiña
2-Lusiña
4-Ardentía
5-Papoula
6-Vikinga
7-Sandra
8-Volandeira
9-Puñetera
10-Rabuda
11-Maristela
12-Xaimiña
13-Breogán
Tixosa (non clasificada por non pasar baliza de chegada)
Praia das Carolinas (non clasificada por rotura de pau)
A próxima cita está fixada para o sábado día 24 de Abril às 16.30 horas. A saída darase, coma sempre, na bahía de Coroso
Aqui temos a reseña na Voz desta 1ª proba .
ResponderEliminarDominio de la «Jolfiña» en el campeonato local de dornas.
A verdade e que para min foi unha regata espectacular, tiven a sorte de ir de tripulante con Antonio na Lusiña e a chegada a meta pasandolle nos fuciños a duas dornas é algo que non vou olvidar, embarcamos auga, pero entramos!