17 de mar. de 2010

BONITA, BONITA


Aquí a tedes: a "Rabuda" no cartaz da Regata do Marisco 2009. ¿A que non a virades? tan chula ela!. Igual non queda de primeira na regata (todo se andará, que este ano vai que mete medo), pero a bonita non hai quen lle gane; e José tan ben sentado na regala e tan mariñeiro él coa sua gorra de patrón (eses aires son de familia)... e o Santi, como se levara toda a vida soleándose enriba da tilla!
Hai que pintar unha estampa así para sair nos cartazes!
Un saudo aos Amigos da Dorna Meca e parabéns polo bo gusto.

3 comentarios:

  1. Gracias pola alabanza do cartel, a foto e o deseño son cousa miña, como na maior parte das ocasións. Para os carteles collo fotos de dornas que non sexan do Grove, pa que non tomen celos uns de outros. Prefiro coller dornas de fora para que vos celedes nos vosos portos... jejeje (é coña).
    Alégrome de que vos guste

    ResponderEliminar
  2. Vese a man dun profesional.
    Pois sí que é boa idea a de coller dornas de fora; logo aos protagonistas cáelles a baba. Danlle máis mérito por ser o cartaz doutra asociación.
    Por certo tamén é unha alegría ver que seguides a páxina e ainda máis o comentario, que como verás non temos moitos.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. O tema dos comentario é moi curioso. Procuro seguir o tema dos blogs or estar ao loro do que se vai facendo.

    ResponderEliminar