11 de nov. de 2009

A travesía do Onawind Blue

Ola todos.
Xa vos teño falado noutras ocasións do meu amigo Ben Crawshaw, un rapaz inglés afincado en Tarragona que coñecín este verán no Encontro de Embarcacións Tradicionáis de Cadaqués. Ben fíxose a sua propia embarcación de chapa e epoxi seguindo un modelo clásico inglés: unha barquiña a remo e con duas velas ao terzo, que construiu no xardín comunitaro do edificio onde vive, explicándolles aos veciños que estaba montado mobles. Non lle creron, pero ainda lle creron menos cando lles dixo que facía un barco... E así, sen tan sequera ter un taller onde traballar, ou mellor, no seu "Taller invisible"chegou a acabar o "Onawind Blue". E con él emprendeu a sua travesía en solitario e sen motor dende a costa de Tarragona ata as Baleares, a vela e remo, e volta para o Delta do Ebro. Ben acaba de publicar no seu blog a sua aventura en video, en capítulos, que vos recomento moi vivamente. Conta o medo que pasou, os problemas que atopou, os riscos que correu e a experiencia extraordinaria que viviu. A reportaxe está magníficamente montada, narrada en primeira persoa en inglés con subtítulos en español. E ven dicir que a aventura do mar está ao alcance de todos: non fan falla cartos, nen un gran veleiro, nen viaxar pola Antártida para vivir a aventura do mar e da navegación. Eso sí: con moita planificación, precaución e preparación. Recoméndovolo moi vivamente. ahí vai o enlace: http://theinvisibleworkshop.blogspot.com/

2 comentarios:

  1. Hai que se meter a algo asi en dorna! :-) Vin o primeiro (o de abaixo de todo) e xa irei vendo os outros. Oiches, e que boas aulas de inglés náutico!

    ResponderEliminar
  2. Ola Santi:
    Pois sí: non creas quenon o temos pensado. Aquí témolo máis doado para chegar ás illas: Ons-Cies- Costa da Vela...
    Só hai que decidilo, facer tempo, e adiante...
    REspecto ao do video, xa temos material para un: dunha singladura mási modesta, pero tan ou máis bonito: da ida e volta a Muros. Ademáis hai tomas desde unhas dornas ás outras ben chulas: Só temos que buscar unha tarde e xuntarnos André i eu (que temos o material) e montalo. Un video sempre luce máis que as fotos coa música e narración axeitadas pode quedar ben chulo.
    A ver se falamos con André. Igual este mañá á tarde non era mal dia

    ResponderEliminar