2 de abr. de 2009

TERMINOU A REGATA DE INVERNO










E que ben o pasamos. O pasado sábado saimos con vento duro para a 4ª e derradeira manga da Regata de Inverno que finalmente tivo que suspenserse por unha avería no motor da planeadora. Pero demos unhos bordos e disfrutamos do diazo que facía. E despois a subir a dornas e festa de fin de temporada. A Regata de inverno deu de sí de todo. E foi un fito sobre todo en participación. Chegamos a xuntar 17 dornas e tivemos un ambiente excelente en todas a citas. Como xa sabedes o verán pasado vímonos obrigados a suspender as nosas duas regatas de verán por falla de tepo para adaptármonos á nova normativa. Fixemos os deberes e o 2009 nove comezamos con toda o forza e toda a ilusión




As regatas de inverno e primavera do Lajareu sempre destacaron polo seu rigor, e consecuentemente igualdade, seguridade e xogo limpo. E nese sentido seguimos avanzando. Competimos todos con velas idénticas que traballan co pau nas tres picas, levamos risón, chalecos e remos a bordo. Contratamos un xuiz de regatas externo ao clube e temos un comité de regatas e mesmo constituimos o de apelacións or si se da o caso. Das protestas e situacións de compromiso aprendemos todos a aplicación do noso Regalmento de Dornas e do internacional de regatas, que se aplica con caracgter subsidiario.




Finalmene este ano mesmo creamos un comité de control e medicións que comproba o cumplimento das normas por todos os participantes: O resultado: Regatas xustas, moi deportivas e igualadas, con sana competición e grandes satisfaccións para todos, donde gaña o que mellor velea e todos aprendemos uns de outros. Deporte tradicional en estado puro: unha gozada. Así vai medrando a participación e o propio clube cos compañeiros de Corrubedo e mesmo de Vigo. O dito: felicidades a todos por esta magnífica Regata de inverno

Ningún comentario:

Publicar un comentario