A Áncora gañou o Campionato de Inverno dunha forma que non vin nunca: conseguiu tres primeiros postos consecutivos -- non lle quedaba marxe para facelo de outra forma -- e fíxoo. Eu nunca lle vin a ninguén facelo e, francamente, non me deixou de joder un bo cacho, porque unha vez máis facemos un segundo posto no Campionato coa Jolfiña e penso que non teremos unha mellor oportunidade ca que tivemos este ano.
Recoñecer, pois, a gran labor de Adelino Formoso e Agustín Seráns (Adelino é o da dereita e Agustín é o outro) que navegaron moi, pero que moi jarbosos. Todos sabemos que houbo unha protesta porque fixeron cambio de velas entre unha regata e outra, pero tamén sabemos que non se lle pode quitar a gloria por tecnicalismos -- ademais por unha protesta que gañaron, con apelación incluída. É dicir, gañaron dous Campionatos en un. Aplaudide mentres eu e mais Nacho vamos chorar ás Airoas. (Se vos fixades o que está a piques de tirarse pola ventá na foto é Nacho.)
(En hora boa Sandra -- José Antonio e José Manuel -- que deron moita guerra e fixeron o terceiro posto.)
¡Que ordinarios e desaseados están estes campións! Unha magoa porque son ben guapos.
ResponderEliminarNo meu club náutico non permitimos que ninguén vaia ás regatas sen afeitar, que logo vense moi mal nas fotos do anuario.
Manu Mariño
ResponderEliminarMe tendréis que perdonar porque soy de La Coruña y no domino bien el gallego. A mi también me gustan los campeones pero me gustan así, como que un poquito rudos y bien gallegos. ¡Con esas miradas no me extraña que dominen la flota!
Bonita página Web.
Saludos,
Manu
Hmm I love the idea behind this website, very unique.
ResponderEliminar»