29/03/2010

FINALIZOU EN RIBEIRA O CAMPIONATO DE INVERNO DE DORNAS A VELA. 2010


Sen dúbida, esta última regata foi a mais aberta e disputada de todas as celebradas este ano e, con diferenza, a mais longa , cunhas condicions envidiabeis para calquer amante de este deporte.
Cun ceo completamente encapotado e amenazando chuvia. Cunha temperatura ambiente que rondaba os 15 graos, e un vento moi estable de compoñente suroeste, que durante toda a tarde sopraría con unha forza de entre 15 é 18 nós, celebrouse, nas inmediacions de Ribeira, a última e definitiva manga das catro de que consta este campeonato.
A proba tivo un percorrido moi novedoso, partindo perto da Illa dos Ratos proa ao interior do porto de Ribeira, onde se situaba o primeiro paso obrigado.
Esta saida obrigou as embarcacions a percorrer en paralelo toda a praia de Coroso, ofrecendo un espectáculo realmente admirable. Na virada desta primeira boia, a Lusiña pasaría no primeiro lugar, sacando unha pequena diferenza á Ardentía, ambas de Palmeira, e seguidas a pouca distancia pola Áncora (de Ribeira). Estas tres primeiras dornas mantiveron os primeiros postos deica o final da proba. O resto das embarcacions seguíronas moi perto e agrupadas proa ao sinal do “Camouco”. Era este o segundo paso obligado, e a tal altura, a orde das embarcacións mantíñase igual que na primeira boia.
O terceiro e último paso a virar serían as Illas Airoas . O tramo até elas resultou ser o mais longo e dificultoso, co vento e o mar sempre pola proa . Esto obrigou todas as dornas a bolinar o máximo, alternando bordos a terra e ao meio da Ría , onde o mar de fondo se deixou sentir notablemente.
O mais destacable deste percorrido foi a vantaxe que a Ardentía, de Xosé María e Gondomar, logrou quitar a todas as demais embarcacións . Esta dorna foi a única en escoller un só bordo até o meio da Ria, chegando de primeira ás Airoas. En segundo lugar pasaría a Áncora, e a pouca distancia, a Vikinga. En cuarto e quinto posto respectivamente pasarían a Lusiña e a Sandra .
Deste punto até a chegada, as embarcacions menteríanse na mesma orde, pois o vento de popa reinante neste último tramo non permitiu mudanzas na clasificación até a entrada na meta.
É de salientar o limitado número de embarcacións que tomaron a saida nesta última proba, unicamente dez, o que fixo desta regata a menos participativa deste ano. Esto puido ser debido a que, desde a madrugada do xoves e até bén entrada a mañá do mesmo sábado, as costas galegas estiveron baixo alerta laranxa por fortes ventos , que chegarían a superar os 80 km/hora, obrigando a maioria da flota pesqueira das Rías Baixas a permanecer amarrada durante eses días.
Esta situación determinou que a organización dilatase até a última hora a decisión de realizar ou suspender a proba, e influiu nalgúns regatistas non residentes na contorna, que optaron por non comparecer ante a incerteza respeito da celebración xerada pola alerta meteorolóxica.

A clasificación da 4ª regata ficaria da seguinte forma.:
1-Ardentía, 2-Áncora, 3-Vikinga, 4-Lusiña, 5-Sandra, 6-Xaimiña, 7-Tixosa, 8-Moura 9-Jolfiña, 10-Rabuda
A clasificación xeral fica da seguinte maneira.:
1-Áncora, 2-Lusiña, 3-Vikinga, 4-Ardentía, 5-Sandra, 6-Tixosa ( empatada a puntos coa Sandra), 7-Rabuda, 8-Moura, 9-Xaimiña, 10-Jolfiña, 11-Volandeira, 12-Praia das Carolinas, 13-Zoa, 14-Puñetera, 15-Maristela, 16-Papoula
O próximo sábado día 10 de Abril ás 16,30 horas comezará, na praia de Coroso en Ribeira, a primeira das catro regatas de que consta o Trofeo de Primavera, que se celebarará durante os meses de Abril e Maio

4 comentarios:

  1. Hoxe saíu publicada a crónica da regata e os resultados en La Voz de Galicia.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Ola todos: Acabo de escoitar a entrevista de Fernando na radio por medio do enlace que puxo Santi.
    Fernando: tes ahí una carrerón pendente como locutor radiofónico, ou como predicador, ou político...
    O de político e broma, que non quero ofender. Unha aperta e parabéns polo excelente traballo de difusión que ves facendo este ano!
    Suso

    ResponderEliminar