04/03/2008

Port de la Selva

Ola de novo mariñeiros. Vámoslle dar unha pouca "vidilla" ao noso blog con outra pequena reportaxe; esta vez na miña segunda terra, ou mellor dito, no meu segundo mar: o Mediterráneo bravo da Costa Brava catalana, donde boto algunhas semanas ao ano polo feliz motivo que todos coñecedes. Concretamente o meu destino é o Port de la Selva.
La "Selva" (A Fraga) é unha viliña agochada atras dun monte un par de kilómetros terra adentro. Aquí estiveron aturando os ataques dos piratas berberiscos unha chea de anos. As vilas estaban apartadas do mar e tiñan torres de defensa. No porto, no "Port", os da Selva non tiñan máis que as barcas e catro barracas para os aparellos. Cos tempos e co expolio dos tesouros das américas, os piratas marcharon para o Caribe e para os mares de Cádiz e Sevilla, e a Costa Brava quedou en paz. Daquela moitos da Selva instalárose no Porto, que chegou a ser unha preciosa vila mariñeira.
Pola sua situación afastada (case chegando a Francia), as dificuldades de acceso, e a falta de grandes areales - como os das praias veciñas do Golfo de Rosas- o Port de la Selva tivo un crecemento urbanístico razoable e un turismo contido e reservado a unhas cantas familias ben ou veraneantes "de toda a vida". Este feito, sumado ao de lindar có parque natural de Cap de Creus, fixo que, nestes tempos de aberracións urbanísticas e degradación das costas, o Port de la Selva inda conserve un aspecto xeitoso e auténtico. Aquí vemos o Port de la Selva dende o mosteiro románico de Sant Pere de Rodes, que domina a badía e dominou noutro tempo aquelas terras. Xa eles navegaban este mar e outros antes...

A Costa Brava é brava nas pedras e cantiles duros da costa, case sen abrigos, e brava no mar da Tramontana que sopla, cada cando en cando, cinco ou dez días seguidos a cen kilómetros por hora constantes; vento duro de Centro-Europa que se acanala entre os Alpes e os Pirineos e sale por aquí con toda a furia levantando un mar que hai que velo.

E para eses mares eses barcos: os Llauts: a tipoloxía tradicional do Mediterraneo: barcos fortes, poderosos, duas proas, francobordo bo e o aparello de latina, que alí dominaron ao máximo, chegando a velear con manobras e posicións imposibles e cheas de plasticidade; pero que tamén perderon axiña, pola ceda industrialización daquel país.

Pero pese a todo aquí están, recuperados por eses tolos lúcidos, coma nos, namorados do seu mar, das suas embarcacións tradicionáis, e do seu velear. Cada vez se ven máis barcas aparelladas a vela latina, mesmo recuperaron máis dun barco sardiñeiro, "llauts quillats" de vinte metros, co seu esforzo colectivo.

Pero o que máis me chama atención do Port de la Selva, e é o que vos quero amosar, non son as suas iniciativas a prol da recuperación das embarcacións tradicionáis, senón o pantalán do Náutico.
Velahí o tedes: cheo de embarcacións modernas de fibra (algunhas tamén de madeira) perfectamente adaptadas ao seu uso de lecer actual, pero que recrean no seu tipo e fasquía os tradicionáis llauts cataláns. Ocupan máis de dous terzos dos amarres do Clube Náutico e a escena repítese en cada Náutico e cada Mariña da costa catalana. ¿Non vos acae unha fonda reflexión? Coa nosa inmensa riqueza en tipoloxías de embarcacións tradicionáis, coa singularidade e excepcionáis cualidades mariñeiras da nosa dorna, ¿cómo é que nos clubes náuticos de Galicia hai o que hai, e nada do outro? A resposta está, como todo, na xente, na mentalidade, na sociedade, na cultura.
Porque as clases medias e altas de alá queren un barco de recreo propiamente catalán, con todas as comodidades modernas, pero cunha fasquía e unhas liñas nas que se podan identificar: "a identidade", da que fala o noso ben querido Stafan Mörling. Esta xente identifícase nas súas propias manifestacións culturales, como tamén o é a lingua, porque os socios do Náutico de Port de la Selva falan maioritariamente catalán. ¿E nos? ¿Qué se ve nos clubes náuticos da nosa costa? ¿E qué se fala?. Igual por eso a eles lles vai así e a nos... así nos vai!. Pero non desesperar, que ao fin e ao cabo é unha cuestión de atraso socioeconómico e cultural e, ha de custar, pero habemos chegar... ou non...

5 comentarios:

  1. Estou totalmente de acordo con Suso dá Moura en canto á mentalidade da xente galega que mira para outro lado en temas tan ferintes, para nós, como pode ser o uso, a conservación e a divulgación do noso patrimonio náutico e mariñeiro, en referencia ao barco propiamente catalán. A Dorna, embarcación típica galega, e dentro de Galicia, propia das Rías Baixas, máis concretamente a Ría de Arousa, é algo máis que unha embarcación, como quedou demostrado ao longo da historia: é un aceno de identidade, un medio de sustento xeracional. foi durante séculos, un membro máis das familias mariñeiras, quizais o máis consentido e consentido. pasaron os anos, chegou o desenvolvemento e a modernidade, para que non só sexa marxinada e esquecida. Ademais, ter hoxe unha dorna é sinónimo de mofa ou burla pois a asocian a un status de clase baixa traballadora do mar. Hoxe entre os afeccionados galegos á naútica o que mola é ter unha Starfisher ou un barco veleiro, o cal paréceme ben pero sen desmerecer á primeira. Para exemplo do que significa o amor ás tradicións, ademais do caso que conta Suso sobre os cataláns, hai que recordar o apego que os vascos teñen polas súas traiñeiras, embarcacións, igualmente tradicionais que grazas ao o seu uso, conservación e divulgación , foi universalizada e hoxe en calquera parte de España ou do mundo, saben o que é e o que foi unha traiñeira. Ah, ¡Se os vascos tivesen dornas!... , hoxe serían tan coñecidas en todas partes como as traiñeiras.
    No entanto, e á marxe deste comentario o máis preocupante non é o desinterese xeral que poida haber ao redor das nosas embarcacións tradicionais, senón o futuro que a estas lles espera cando os últimos carpinteiros de ribeira desaparezan. Quen construirá e reparará as dornas, gamelas, bucetas, etc.?. É necesario conservar e fomentar o oficio de carpintería de ribeira, evitar que pase a vías de extinción e acabe desaparecendo. Sería o triste final dunha boa parte da nosa cultura mariñeira. Evitémolo.

    Juan Mª Santos

    ResponderEliminar
  2. Estou totalmente de acordo con Suso da Moura en canto á mentalidade da xente galega en temas tan ferintes, para nós, como pode ser o uso, a conservación e a divulgación do noso patrimonio náutico e mariñeiro, en referencia ao barco propiamente catalán. A Dorna, embarcación típica galega, e dentro de Galicia, propia das Rías Baixas, máis concretamente a Ría de Arousa, é algo máis que unha embarcación, como quedou demostrado ao longo da historia: é un aceno de identidade, un medio de sustento xeracional. Foi durante séculos, un membro máis das familias mariñeiras, quizais o máis consentido e mimado. Pasaron os anos, chegou o desenvolvemento e a modernidade, para que non só sexa marxinada e esquecida. Ademais, ter hoxe unha dorna é sinónimo de mofa ou burla pois a asocian a un status de clase baixa traballadora do mar. Hoxe entre os afeccionados galegos á naútica o que farda é ter unha Starfisher ou un barco veleiro, o cal paréceme ben pero sen desmerecer á primeira. Para exemplo do que significa o amor ás tradicións, ademais do caso que conta Suso sobre os cataláns, hai que recordar o apego que os vascos teñen polas súas traiñeiras, embarcacións, igualmente tradicionais que grazas ao o seu uso, conservación e divulgación , foi universalizada e hoxe en calquera parte de España ou do mundo, saben o que é e o que foi unha traiñeira. Ah, ¡Se os vascos tivesen dornas!... , hoxe serían tan coñecidas en todas partes como as traiñeiras.
    No entanto, e á marxe deste comentario o máis preocupante non é o desinterese xeral que poida haber ao redor das nosas embarcacións tradicionais, senón o futuro que a estas lles espera cando os últimos carpinteiros de ribeira desaparezan. ¿Quen construirá e reparará as dornas, gamelas, bucetas, etc.?. É necesario conservar e fomentar o oficio de carpintería de ribeira, evitar que pase a vías de extinción e acabe desaparecendo. Sería o triste final dunha boa parte da nosa cultura mariñeira. Evitémolo.

    Juan Mª Santos

    ResponderEliminar
  3. Grazas polo teu comentario Juan. Inda así non podemos esquecer o vigor do movemento asociativo pola recuperación das embarcacións tradicionais e a cultura mariñeira en Galiza. Nas nuemoras regatas de dornas en verán xuntámonos máis de cincuenta embarcacións; e hai un número aproximado de Asociacións en toda Galiza taballando desde diferentes ámbitos (cultural, deportivo, patrimonial, divulgatuivo, formativo...)relacionadas coas embarcacións tradicioáis e asociadas nunha Federaci´n que as agrupa. Mesmo os cataláns, dos que falo no reportaxe, veñeron a Galiza para adoptar o noso modelo.
    O atraso ao que me refiro é no ámbito da náutica de recreo, dos clubes Náuticos; de como as clases medias e altas deste pais desenvolven as suas actividades de ocio relacionadas co mar, á marxe da propia cultura marítima, en comparación con que ocurre en Cataluña ou Baleares, no que a identidade e un valor principal nuha embarcaci´n de recreo...

    ResponderEliminar
  4. Teriades que ver o blog da Dorna Sara (dornasara.blogspot.com) Esta construcción vai nesta idea e estase a facer por, posiblemente, o mellor carpinteiro de ribeira que podería acometer esto. Creo que sería conveniente divulgar esta páxina porque pode representar o camiño para chegar a o que se ve en Port de la Selva e no resto de Cataluña. Incluso se se me fala de cuestións sociais teño entendido que o armador da dorna Sara é un avogado de sona e que tamén preside o Náutico de Pedras Negras. Non sei se falará ou non galego, pero a decisión de armala dorna é marcalo camiño.

    ResponderEliminar
  5. Estou totalmente dacordo contigo, xa coñezo a páxina da dorna Sara e paréceme unha magnífica idea, xa que además de unha iniciativa particular pretende contribuir a abrir camiños para a producción dun tipo de embarcación de recreo que resulte atractiva e competitiva; Se se tirara por este camiño conseguiríase un tipo mellor que as menorquinas e barcas catalanas, que son de fibra e prácticamente tosdas van a motor. A dorna Sara será unha emabarcación de alta calidade, e boas prestacións. Falta saber a que prezo se podería construir "en serie" ou como tipo standard; e os seus requerimentos de mantemento. En calquera caso, ánimo ao meu colega de profesión, que é unha inciativa magnífica e ha de quedarlle un barco ben chulo.

    ResponderEliminar