tag:blogger.com,1999:blog-10279929.post5398117461522172865..comments2023-04-11T13:45:08.544+02:00Comments on Lajareu por Barlovento: Port de la SelvaSanti Moronhohttp://www.blogger.com/profile/05031409212401040806noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-10279929.post-70335074333216477762008-06-05T11:20:00.000+02:002008-06-05T11:20:00.000+02:00Estou totalmente dacordo contigo, xa coñezo a páxi...Estou totalmente dacordo contigo, xa coñezo a páxina da dorna Sara e paréceme unha magnífica idea, xa que además de unha iniciativa particular pretende contribuir a abrir camiños para a producción dun tipo de embarcación de recreo que resulte atractiva e competitiva; Se se tirara por este camiño conseguiríase un tipo mellor que as menorquinas e barcas catalanas, que son de fibra e prácticamente tosdas van a motor. A dorna Sara será unha emabarcación de alta calidade, e boas prestacións. Falta saber a que prezo se podería construir "en serie" ou como tipo standard; e os seus requerimentos de mantemento. En calquera caso, ánimo ao meu colega de profesión, que é unha inciativa magnífica e ha de quedarlle un barco ben chulo.Lajareuhttps://www.blogger.com/profile/01971622129355354222noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10279929.post-91803519359888679872008-06-04T20:02:00.000+02:002008-06-04T20:02:00.000+02:00Teriades que ver o blog da Dorna Sara (dornasara.b...Teriades que ver o blog da Dorna Sara (dornasara.blogspot.com) Esta construcción vai nesta idea e estase a facer por, posiblemente, o mellor carpinteiro de ribeira que podería acometer esto. Creo que sería conveniente divulgar esta páxina porque pode representar o camiño para chegar a o que se ve en Port de la Selva e no resto de Cataluña. Incluso se se me fala de cuestións sociais teño entendido que o armador da dorna Sara é un avogado de sona e que tamén preside o Náutico de Pedras Negras. Non sei se falará ou non galego, pero a decisión de armala dorna é marcalo camiño.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10279929.post-69094209157017692682008-03-28T11:55:00.000+01:002008-03-28T11:55:00.000+01:00Grazas polo teu comentario Juan. Inda así non pode...Grazas polo teu comentario Juan. Inda así non podemos esquecer o vigor do movemento asociativo pola recuperación das embarcacións tradicionais e a cultura mariñeira en Galiza. Nas nuemoras regatas de dornas en verán xuntámonos máis de cincuenta embarcacións; e hai un número aproximado de Asociacións en toda Galiza taballando desde diferentes ámbitos (cultural, deportivo, patrimonial, divulgatuivo, formativo...)relacionadas coas embarcacións tradicioáis e asociadas nunha Federaci´n que as agrupa. Mesmo os cataláns, dos que falo no reportaxe, veñeron a Galiza para adoptar o noso modelo.
O atraso ao que me refiro é no ámbito da náutica de recreo, dos clubes Náuticos; de como as clases medias e altas deste pais desenvolven as suas actividades de ocio relacionadas co mar, á marxe da propia cultura marítima, en comparación con que ocurre en Cataluña ou Baleares, no que a identidade e un valor principal nuha embarcaci´n de recreo...Suso da Mourahttps://www.blogger.com/profile/16803960101546309561noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10279929.post-34595942970291564312008-03-26T17:27:00.000+01:002008-03-26T17:27:00.000+01:00Estou totalmente de acordo con Suso da Moura en ca...Estou totalmente de acordo con Suso da Moura en canto á mentalidade da xente galega en temas tan ferintes, para nós, como pode ser o uso, a conservación e a divulgación do noso patrimonio náutico e mariñeiro, en referencia ao barco propiamente catalán. A Dorna, embarcación típica galega, e dentro de Galicia, propia das Rías Baixas, máis concretamente a Ría de Arousa, é algo máis que unha embarcación, como quedou demostrado ao longo da historia: é un aceno de identidade, un medio de sustento xeracional. Foi durante séculos, un membro máis das familias mariñeiras, quizais o máis consentido e mimado. Pasaron os anos, chegou o desenvolvemento e a modernidade, para que non só sexa marxinada e esquecida. Ademais, ter hoxe unha dorna é sinónimo de mofa ou burla pois a asocian a un status de clase baixa traballadora do mar. Hoxe entre os afeccionados galegos á naútica o que farda é ter unha Starfisher ou un barco veleiro, o cal paréceme ben pero sen desmerecer á primeira. Para exemplo do que significa o amor ás tradicións, ademais do caso que conta Suso sobre os cataláns, hai que recordar o apego que os vascos teñen polas súas traiñeiras, embarcacións, igualmente tradicionais que grazas ao o seu uso, conservación e divulgación , foi universalizada e hoxe en calquera parte de España ou do mundo, saben o que é e o que foi unha traiñeira. Ah, ¡Se os vascos tivesen dornas!... , hoxe serían tan coñecidas en todas partes como as traiñeiras.
No entanto, e á marxe deste comentario o máis preocupante non é o desinterese xeral que poida haber ao redor das nosas embarcacións tradicionais, senón o futuro que a estas lles espera cando os últimos carpinteiros de ribeira desaparezan. ¿Quen construirá e reparará as dornas, gamelas, bucetas, etc.?. É necesario conservar e fomentar o oficio de carpintería de ribeira, evitar que pase a vías de extinción e acabe desaparecendo. Sería o triste final dunha boa parte da nosa cultura mariñeira. Evitémolo.

Juan Mª SantosAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-10279929.post-66921614917819317862008-03-26T12:43:00.000+01:002008-03-26T12:43:00.000+01:00Estou totalmente de acordo con Suso dá Moura en ca...Estou totalmente de acordo con Suso dá Moura en canto á mentalidade da xente galega que mira para outro lado en temas tan ferintes, para nós, como pode ser o uso, a conservación e a divulgación do noso patrimonio náutico e mariñeiro, en referencia ao barco propiamente catalán. A Dorna, embarcación típica galega, e dentro de Galicia, propia das Rías Baixas, máis concretamente a Ría de Arousa, é algo máis que unha embarcación, como quedou demostrado ao longo da historia: é un aceno de identidade, un medio de sustento xeracional. foi durante séculos, un membro máis das familias mariñeiras, quizais o máis consentido e consentido. pasaron os anos, chegou o desenvolvemento e a modernidade, para que non só sexa marxinada e esquecida. Ademais, ter hoxe unha dorna é sinónimo de mofa ou burla pois a asocian a un status de clase baixa traballadora do mar. Hoxe entre os afeccionados galegos á naútica o que mola é ter unha Starfisher ou un barco veleiro, o cal paréceme ben pero sen desmerecer á primeira. Para exemplo do que significa o amor ás tradicións, ademais do caso que conta Suso sobre os cataláns, hai que recordar o apego que os vascos teñen polas súas traiñeiras, embarcacións, igualmente tradicionais que grazas ao o seu uso, conservación e divulgación , foi universalizada e hoxe en calquera parte de España ou do mundo, saben o que é e o que foi unha traiñeira. Ah, ¡Se os vascos tivesen dornas!... , hoxe serían tan coñecidas en todas partes como as traiñeiras.
No entanto, e á marxe deste comentario o máis preocupante non é o desinterese xeral que poida haber ao redor das nosas embarcacións tradicionais, senón o futuro que a estas lles espera cando os últimos carpinteiros de ribeira desaparezan. Quen construirá e reparará as dornas, gamelas, bucetas, etc.?. É necesario conservar e fomentar o oficio de carpintería de ribeira, evitar que pase a vías de extinción e acabe desaparecendo. Sería o triste final dunha boa parte da nosa cultura mariñeira. Evitémolo.

Juan Mª SantosAnonymousnoreply@blogger.com