06/03/2007

Sobre o acordo dos clubs de dornas a vela

Intentei insertar a seguinte menxase no foro da F.G.C.M.F pero non se me permite. Aparéceme una mexase que din "Non ten autorización para acceder a este foro". Coido que é de interese como para que sea insertada, e gostariame que o leeran todos os socios de dita Federación. Por iso publícoa aquí.

Veño de publicar na páxina web do Lajareu o acordo que no ano 2000 fora alcanzado polos clubs e asociacións máis representativas no deporte da vela en aquel momento.

Hoxe en día dito acordo xa non está a levarse a cabo; pero publiqueino, porque coido que foi feito con moita intelixencia y moito sentidiño, e convén que non se esqueza o que entonces aconteceu para que hoxe non volva a repetirse.

Eu por aquel tempo era só un amante platónico do deporte da vela, e un cántabro de corazón que “flipaba” cas dornas. Por sorte, coñecín a xentes moi comprometidas con dito deporte, e cedo fixéronme un oco na Asociación Cultural Lajareu por Barlovento para participar neste belo deporte.

Pois ben, no ano 2000 fíxose este regulamento para protexer o noso querido deporte de xentes que viñan a organizaren as competicións das dornas sen contar ca maioría dos deportistas socios das outras asociacións.

Eu non sei cal era o interese que estaban a perseguir co mangoneo das competicións de dornas a vela. Esas persoas, segundo me contan, querían preparar grandes campionatos en moitos dos portos de Galiza. Que se o Campionato Galego, que se a Copa Galiza, que se o Campionato do Mundo (e un dicir). A cuestión era facer que os regatistas se moveran cas súas dornas por toda a xeografía galega para poder puntuar nestes “importantísimos” trofeos. O certo é que as competicións de dornas a vela víronse moi prexudicadas porque os regatistas acababan fartos de tanta regata e tanto y tan custoso desprazamento.

Por outra banda, estes organizadores de eventos, xestionaban as axudas públicas que as distintas administracións prestaban ó noso deporte autóctono, e logo as distribuían ó seu gusto entre os distintos clubs. A maior parte das veces os clubs tíñanse que conformar con un pequeno obsequio para os seus asociados, mentres, por outra banda tiñan que facer fronte ós gastos que supoñía participar en moitas regatas por puntos moi afastados dos peiraos base das dornas.

Todo isto facíase ca conivencia da Federación Galega de Vela, que copiaba as competicións dos veleiros modernos na clase Dorna, e por outra banda, dotaba ós distintos Clubs Náuticos da posibilidade de exhibir esta “nova e enxebre” clase Dorna. É de subliñar que moitos Clubs Náuticos apuntáronse ó filón das embarcacións tradicionais por este motivo.

Ante este panorama, as asociacións de dornas a vela plantáronse e fixeron o regulamento mencionado para a organización das súas competicións. Con isto pretendíase que todos os participantes con intereses lexítimos nas dornas tiveran a súa oportunidade de dicir algo sobre as competicións, e o mesmo tempo, que os clubs cunha abafadora maioría de regatistas non puidesen impoñerse ós demais.

Con este regulamento, as asociacións de dornas pensabamos que ninguén podería de novo mangonear o noso deporte. Ademais decataramos de que a Clase Dorna tiña o seu peso na Federación Galega de Vela. O número de regatistas nesta clase era tan importante que tiñamos a chave para a elección dun novo presidente da Federación. ¡Que equivocados estabamos!

Convencidos con boas palabras optamos polo cambio na presidencia da Federación. E a nosa delicia durou o tempo que transcorreu ata a primeira asemblea da Federación. Alí, decataramos da traizón da nova xunta directiva da Federación. A pesar de ter accedido á presidencia cos nosos votos, botaron por terra os acordos acadados por as asociacións da clase dorna e traizoándoos, acordaron facer os Campionatos Galegos, Copas Galiza, e Campionatos do Mundo que demandaban os Clubs Náuticos e aqueles que non estaban por favorecer ás embarcacións tradicionais se non outros intereses pouco claros.

Agora, a nosa Asociación teme que a historia se repita. É por iso que queremos facela pública. Xa sabedes, os que non coñecen a historia están condenados as repetila. Nós pensamos que os acordos acadados no ano 2000 seguen aínda a ser validos. O único que non serve es a Federación Galega de Vela que ten que ser substituída por unha Federación Deportiva de Embarcacións tradicionais.

Nos pensamos que có deporte pódese facer moito ben á cultura mariña. A nosa Asociación que fai 12 regatas no ano, varias pasantías, e está a organizar cursiños para cantos os demande cun custe simbólico, é a demostración viva de que imos polo camiño axeitado. Como sabedes contamos cun galpón de 458 metros cadrados dividido en dúas plantas que non chega para albergar ás dornas dos nosos socios.

E en canto as nosas actividades, non tedes máis que botar unha ollada á nosa páxina web. Alí atoparedes o noso calendario de regatas do 2007; estades todos invitados a participar.


Unha aperta,

Ignacio Jorganes
A.C. Lajareu por Barlovento

2 comentarios:

  1. Ola Jorganes:
    É moi interesante o que nos comentas. Algo tiña escoitado sobre o acontecido coa Federación Galega de Vela. Coincido contigo en que a mellor opción é pular pola vela en dorna como unha iniciativa diferenciada dos clubs naútuticos.
    Eu estiven moitos anos na directiva dun club de remo con trainera e podo asegurarche que o deporte é unha vía útil na difusión e dignificación da cultura mariñeira, e tamén che podo asegurar que as federacións deportivas son entes administrativos carentes da mínima sensibilidade democrática e mangoneados por persoas que os converten no seu pan, e eso é o que defenden e non proxectos ou valores.
    Penso que as regatas de dornas é unha das iniciativas que máis forza e eco social lle confire á FGCMF polo que tamén os que non participamos directamente temos a obriga cívica de defender as regatas de dornas.
    Un saúdo mariñeiro.

    ResponderEliminar
  2. donde puedo comprar una vela de la que vds. usan en la ria de arosa pues este verano quiero ir y yo tengo latina, con las medidas que usan si ya lo tienen claro.gracias

    ResponderEliminar