4 de set. de 2008

Regata a remos em Siljarnäs


Ola outra vez mariñeiros:

Aquí tedes esta magnífica colaboración ao blog de José e Silvia que nos envían estas fotos e texto:

Se lembrades, fai dous anos apareciam no blogue umhas fotos da nossa viagem à Suécia, da "lancha para ir à misa", esse era o seu nome. O amigo que nos acompanhou entom, conseguiu estar mais umha vez no lago Siljan justo o dia da regata. Aqui tendes duas equipas dirigindo-se à linha de saída. Se fai dous anos viamos esta "traineira a calime" como esses barcos que colocam nas rotundas, aquí podede-lo ver no seu meio e em acçom.
José e Silvia da Rabuda

22 de xul. de 2008

Cultura e deporte conxugáronse na ruta Vale-Inclán


Cultura e deporte conxugáronse na ruta Vale-Inclán.

La Voz de Galicia recolle os detalles da travesía protagonizada polo Lajareu o pasado sábado. Mexturáronse deporte, cultura e diversión. Unha boa iniciativa que seguro que se repite.

4 de xul. de 2008

SUSPENDIDAS A REGATA LAJAREU E A DA DORNA

,
Ola a todos mariñeiros:
A Xunta Directiva do Lajareu vese obrigada a suspender a celebración das suas tradicionáis Regata Lajareu e REgata da Dorna pola imposibilidade de adaptarse este verán á nova Regulación legal.
Como xa teredes escoitado, o pasado 7 de maio de 2008 entrou en vigor o REAL DECRETO 62/2008, de 25 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento das condicións de seguridade marítima, da navegación e da vida humana no mar aplicables ás concentracións náuticas de carácter conmemorativo e pruebas náutico-deportivas; legislación que se nos aplica directamente.
Este regulamento establece novos requisitos para os clubes e os regatistas na celebración das regatas, que mellorarán a seguridade de todos.
A Asociación Cultural Lajareu por Barlovbento, coa responsabilidade que sempre a caracterizou, disporá os medios necesarios para adaptarse a esta normativa e facilitará aos seus regatistas o cumplimento dos requisitos que lles incumben, pero, dada a proximidade de datas das regatas de verán, e a imposibilidade de levar a cabo as preceptivas adaptacións que permitan a celebración das regatas legalmente, a Xunta Directiva veuse obligada, de xeito excepcional, a suspender ambas probas.
Sentímolo realmente e agardamos reanudar en breve a nosa actividade deportiva. Mentres tanto ahí queda esta espectacular imaxe na lembranza.
Unha aperta a todos

18 de xuño de 2008

Regata Fasquía



O pasado sábado 7 de xullo celebrouse na Illa de Arousa a Regata Fasquía. Do Lajareu acodiron tres dornas cruzando a ría con ventos de 16 nudos. A Vikinga e a Cachi bolinaron a rabiar ata as bateas da Illa e chegaron as primeiras tras un par de bordos para salvar o Campelo. A Moura, cun rizo, optou polo bordo de terra cara a Palmeira, e pasar a Ria nunha soa bolina máis cómoda incorporándose á regata coas pitadas xa dadas. A regata foi espectacular, con vento de Norte entre doce e catorce nudos, e moi ben organizada en canto a administración e lanchas de apoio. Mágoa da primeira boia moi próxima á punta do espigón, que se ben achegou a o fragor da competición ao público alí congregado, ocasionou unha abordaxe múltiple entre cinco ou seis dornas que competían por pasala. Este embotellamento obligou aos da Cachi a unha manobra moi forzada e repentina que botou a Juan pola borda. A presencia de ánimo e aptitudes mariñeiras dos Suárez fixéronos recuperarse axilmente do trance e acadar un dignísimo 14º posto. Santi Mougán mándanos esta magnífica foto da reluciente Cachi con remos e estrinque e os seus tripulantes perfectamente equipados, como debe ser.
Pero, como xa se sabe, a ría revolta gañancia de mariñeiros, e a Moura, levemente rezagada pola sua incorporación tardía á saida, foi quen de apartarse da "melé", e safar limpamente situandose nunha posición de avantaxe que mantivo nas duas voltas acadando un 9º posto . Tamén a Vikinga fixo unha excelente regata, mantendose na proa da Cachi ata chegar no posto nº 13.
Aquí podedes ver unha reportaxe da regata elaborada pola TVG:
http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=15
E aquí unha crónica escrita da regata.
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/06/08/0003_6887225.htm?idioma=galego
Unha aperta a todos. Vémonos na próxima.
Suso

26 de maio de 2008

Calendario de Regatas e Encontros do Verán

Ola a todos mariñeiros:
Finalizou exitosamente a nosa Regata de Primavera. Tivemos de todo: ventos bos e ruíns, duros, mallados, e calmas, maruxías, correntes, sol nubes e choiva, bordos bos e quillas ao sol, pero sobre todo deportividade, compañeirismo, mariñeiría e un nivel deportivo cada vez máis alto e equlibrado entre os participantes. E falando de particpantes, ahí vos poño una foto do nos compañeiro máis mariñeiro que mesmo levou polo aire á mesmísima "Lusiña" (así calquera anda).
Agora entra o verán e con él as tradicionáis citas deportivas de todos os anos, encontros e festas mariñeiras varias. Noso Marcos (unha aperta desde aquí) fíxonos o traballo de ordearlo todo, destacando en letra grande as regatas que organiza o Lajareu. Facervos a composición de lugar (e tempo) e non me faltar (podendo) Iremos falando no galpón para planificar os desplazamentos pola Ría:


Evento

Inicio

Remate

Maio

Dia das Letras. Inicio da temporada. Illa de Arousa

17 Maio 2008 - 12:00

17 Maio 2008 - 20:00

XIV Feria del pescado. Bermeo

23 Maio 2008 - 11:00

25 Maio 2008 - 20:05

Xuño

IV Regata Fasquía (Trofeo Galicia)

7 Xuñ 2008 - 16:00

7 Xuñ 2008 - 20:10

IV Regata Area Seba

14 Xuñ 2008 - 16:00

14 Xuñ 2008 - 20:00

II Encontro de Embarcações Tradicionais de Viana do Castelo

20 Xuñ 2008 - 12:00

22 Xuñ 2008 - 12:00

VI Encontro de Embarcações Tradicionais de Vila do Conde

20 Xuñ 2008 - 16:00

22 Xuñ 2008 - 20:00

I Regata de Portonovo

21 Xuñ 2008 - 16:00

21 Xuñ 2008 - 20:00

XXIV Volta á Illa

28 Xuñ 2008 - 16:00

28 Xuñ 2008 - 20:00

Xullo

II Festa de la Mar. L'Ametlla de Mar.

3 Xull 2008 - 12:00

6 Xul 2008 - 12:00

Brest 2008. Fête maritime internationale

11 Xull 2008 - 10:00

17 Xul 2008 - 10:00

REGATA DA DORNA

19 Xull 2008


VI Regata de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes

19 Xull 2008 - 12:00

20 Xul 2008 - 12:00

Festa do Rio. Monforte

26 Xull 2008 - 10:00

27 Xul 2008 - 22:00

XII Regata dos Faros (Trofeo Galicia)

26 Xull 2008 - 16:00

26 Xul 2008 - 20:00

Agosto

XX Regata do Bao (Trofeo Galicia)

2 Ago 2008 - 16:00

2 Ago 2008 - 20:00

Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Meira, Moaña

9 Ago 2008 - 10:00

10 Ago 2008 - 23:00

IX Regata do Albariño (Trofeo Galicia)

9 Ago 2008 - 16:00

9 Ago 2008 - 20:00

Festa do mar. Combarro

22 Ago 2008 - 10:00

24 Ago 2008 - 23:00

XII Encontro de Embarcacións Tradicionais. Bueu

22 Ago 2008 - 12:00

24 Ago 2008 - 20:00

Festa do Mar. Combarro

22 Ago 2008 - 12:00

24 Ago 2008 - 20:00

II Regata Calmoseira

23 Ago 2008 - 16:00

23 Ago 2008 - 20:00

Regata e Xuntanza en Vilaxoan

30 Ago 2008 - 16:00

30 Ago 2008 - 20:00

Setembro

Xuntanza de Embarcacións Tradicionais. Vila de Bouzas

5 Set 2008 - 16:00

7 Set 2008 - 23:00

VOLTA A RÚA-PALMEIRA

6 Set 2008


Outubro

Regata do Marisco

11 Out 2008 - 16:00

11 Out 2008 - 20:00